A ESCOLA DE CANTEIROS INICIA A 2º EDICIÓN DO I CURSO DE FORMACIÓN EN DIRECCIÓN E XESTIÓN DE CLUBS DEPORTIVOS QUE PROMOVE A DEPUTACIÓN

·        A entidade provincial destina 15.000 euros a esta actividade formativa.

·        Impartiranse 6 cursos a través dos cales se formarán 240 persoas.

A Escola de Canteiros de Poio acolle hoxe e mañá a segunda edición do « Curso de Formación Continua en Dirección e Xestión de Clubs e Entidades Deportivas», enmarcado dentro do  Plan de Formación de Técnicos Deportivos 2013 e que conta cunha aportación da Deputación de 15.000 euros.

Trátase do segundo dos 6 cursos que se veñen celebrando dende abril neste eido con 40 participantes, o que supón un resultado final de 240 asistentes. As vindeiras citas se desenvolverán o igual que esta, nas instalacións da Escola de Canteiros da Deputación situada en Poio durante as xornadas do 27 e 28 de setembro; 25 e 26 de outubro; 29 e 30 de novembro; e 13 e 14 de decembro.

Esta iniciativa ten por obxecto, proporcionar formación sólida e de calidade ós directivos; contribuír a unha configuración curricular alternativa dos asistentes; a mellora da calidade xestora dos clubs, mediante a formación teórico-práctica, dos directivos; comparar e analizar os modelos de xestión utilizados nos clubs; salientar a importancia de utilizar unha correcta pedagoxía e didáctica do deporte; e identificar as demandas e necesidades reais dos directivos de clubs. 

 

Cobertura de tódalas modalidades deportivas

Directivos e técnicos deportivos dos distintos clubs da provincia de Pontevedra. Asistirán a estas clases impartidas por profesores de distintas universidades galegas; profesionais do deporte de recoñecido prestixio; e técnicos da Administración.

 

Nesta segunda edición participan representantes do C.D. Padel Feminino Cies; Club Balonmán Deza; Club Baloncesto Arxil; Club Cisne Balonmán; Asociación Deportiva Propontelo; Club Poio Fútbol Sala; Escola Fútbol Base Portonovo; Asociación Xuvenil Saraiba do Mar; Escola Fútbol Base Portonovo; Club Baloncesto Redondela; Club Waterpolo Galaico Pontevedra; C.D. Choco; Club Peña Trevinca Montañeiros De Galicia: Alondras C.F.; Goian C.F.; Monte Real Club de Iates Baiona; Club Ciclista Rías Baixas; Club Deportivo Covelo F.S.; Club Deportivo Covelo F.S.; Covelo Club De Fútbol; Club De Remo Vila De Cangas; Vea C.F.; Club Baloncesto Dorna; Club De Pesca As Joritas; Marcón Atlético; Club Natación Sanxenxo; Club Baloncesto Río Ulla; Club Náutico Punta Lagoa; Real Club Náutico De Vigo; e Escola Deportiva Municipal Estradense.

 

Os asistentes recibirán un certificado de asistencia con aproveitamento ó Curso de Formación Continua en Dirección e Xestión dun Club Deportivo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: