A XUNTA INVISTE NA RECUPERACIÓN DA ALDEA ALFACUCA EN MOS A TRAVÉS DUN OBRADOIRO DE EMPREGO NO QUE PARTICIPAN 32 PERSOAS

  • descarga  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as obras de mellora deste entorno que a Consellería de Traballo e Benestar subvenciona con preto de 300.000 euros.
  • O fin último que se pretende con este OOEE é acadar a inserción no mercado laboral da maioría dos seus participantes.
  • A Xunta ten aberta a nova convocatoria para estes programa mixto de formación e emprego cun investimento de 10,2 millóns de euros que se distribuirán entre 2013 e 2014 para beneficiar a máis de 1.000 desempregados galegos.

Mos, 24 de maio de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá, acompañada da alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, o obradoiro de emprego Alfacuca III que a Consellería de Traballo e Benestar concedeu ao concello mosense e que está a formar a un total de 32 persoas desempregadas dende o pasado mes de decembro.

Este programa mixto concedido pola Xunta de Galicia ofrece formación e emprego nas especialidades de agricultura ecolóxica, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, montaxe e instalación de construcións de madeira, e deseño de produtos gráficos e promoción turística local durante 6 meses. Ademais, conta cos correspondentes equipos de xestión e docencia, compostos por 4 monitores, un tutor e unha directora. A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona así con preto de 300.000 euros (282.130,56) este programa para intentar chegar ao obxectivo último de acadar a inserción no mercado laboral da maioría dos seus participantes.

 

O obradoiro de Emprego Alfacuca III formará a 32 persoas en agricultura ecolóxica (8), instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (8), montaxe e instalación de construcións de madeira (8) e deseño de productos gráficos e promoción turística local (8). As actuacións que se engloban no proxecto son a revalorización do espazo natural da aldea Alfacuca, o mantemento e mellora do parque municipal de Sanguiñeda, o mantemento e mellora do parque e zonas verdes do Campo da Feira e Multiusos municipal e, por último, a creación de materiais gráficos e a promoción turística local.

 

A administración autonómica conta que preto dun 70 por cento dos participantes cheguen á meta final deste programa: a inserción real no mercado laboral. Esta previsión faise tendo en conta os resultados de ocupación laboral que recolle o Servizo Público de Emprego Estatal para estas accións concretas.

 

Os obradoiros de emprego destínanse aos colectivos de desempregados que teñen especiais dificultades de inserción no mercado laboral. Os participantes teñen 25 ou máis anos de idade e perciben o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os 6 meses que duran os proxectos. Nestes momentos, a Xunta ten aberta a nova convocatoria para os OOEE cun investimento de 10,2 millóns de euros que se distribuirán entre 2013 e 2014 para beneficiar a máis de 1.000 desempregados galegos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: