Un total de 540 estudantes vigueses asisten á experiencia de “liberar a alma” dun osiño de gominola no marco dos Espectáculos de Ciencia

A xira do espectáculo “Ciencia vs Ficción” pechou hoxe en Vigo logo de pasar por outras cinco cidades galegas

Un total de 6000 estudantes participaron dende febreiro nos Espectáculos de Ciencia organizados por Tecnópole e Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Economía e Industria

Vigo, 24 de maio de 2013. Un total de 540 alumnos vigueses participaron esta mañá no espectáculo “Ciencia vs Ficción”, no marco do peche da segunda e derradeira xira de 2013 dos Espectáculos de Ciencia organizados por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.

Existen as pantasmas? Son realistas as formas que lle dan as películas aos extraterrestres e por que se empeñan en exterminarnos un a un? Teñen sentido os insectos mutantes no noso ecosistema? Estas son algunhas das preguntas respostadas durante o espectáculo celebrado na sede da Fundación Barrié na cidade, no que ademais se levaron a cabo experiencias como a que consiste en “liberar a alma” dun osiño de gominola.

Os Espectáculos de Ciencia rematan hoxe logo de chegar dende o mes de febreiro a máis de 6000 estudantes galegos a través de 42 sesións de ciencia didáctica e divertida. Constaron de dúas xiras, a primeira dedicada ao cerebro e a que hoxe remata. Cada unha delas pasou por sete localidades galegas con tres pases por día.

Antes de chegar a Vigo, o espectáculo “Ciencia vs Ficción”, que comezou en abril en Ourense, pasou por Santiago, Lugo, Ferrol e Pontevedra. As sesións estiveron dirixidas a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes. O obxectivo desta experiencia é levar a ciencia da maneira máis didáctica e amena aos máis novos. Ao longo dos 50 minutos que dura cada sesión, os asistentes participan en experiencias espectaculares que son o vehículo para introducir conceptos científico-tecnolóxicos. Isto serve para espertar nos rapaces e rapazas, que asisten acompañados polos seus profesores, a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.

Existen as pantasmas?

A actividade celebrada hoxe permitiulles aos participantes explorar os vínculos entre a ciencia e a ficción a través do visionado de fragmentos de películas e a realización de experimentos cos que, entre outras cousas, se dan a coñecer as tecnoloxías que se utilizan para recrear as situacións máis espectaculares. A través de secuencias de filmes como ‘ O señor dos aneis’, ‘Charlie e a fábrica de chocolate’, ‘Alien vs Predator’, ‘Independence day’, ‘Arack Attack’ ou ‘Paranormal activity’ os asistentes puideron concluir por eles mesmos que ocorre detrás e diante das cámaras para recrear o mundo de fantasía que mostra a pantalla.

Todas as actividades acompáñanse do envío de guias didácticas aos profesores para que lle saquen o maior proveito posible na clase, afondando nos coñecementos adquiridos durante as sesións.

Por segundo ano consecutivo

A iniciativa enmárcanse na liña de actuación de desestacionalización das actividades de divulgación científica contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, que ten como obxectivo promover a celebración de actividades de divulgación á marxe da Semana da Ciencia.

No caso da Fundación Barrié, esta colaboración realízase no marco das actuacións de apoio á investigación, divulgación da ciencia e fomento de vocacións científicas entre a xuventude galega, que impulsa a Fundación a través de educaBarrié, a súa iniciativa para achegarse á comunidade educativa, activa en centros escolares das catro provincias desde o pasado curso escolar (www.educabarrie.org).

Os ‘Espectáculos de ciencia’ celebraron a súa primeira xira o ano pasado e supuxeron un éxito sen precedentes para a actividade de divulgación da  Tecnópole, xa que implicaron levar por primeira vez a súa actividade divulgativa a localidades de toda Galicia.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: