Archive | mayo 27, 2013

Concello de Vigo


Caballero subliña que Vigo se sitúa en 2013 á cabeza das cidades españolas en praias con bandeira azul

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) concedeu as nove distincións que solicitou este ano o Concello de Vigo para os seus areais, un número que supera os oito de Cartagena e Barcelona e posiciona a Vigo como a gran cidade española cun maior número de bandeiras azuis.

 

O Concello aforra 760.000 na adxudicación da limpeza das dependencias municipais

A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á adxudicación definitiva do servizo de limpeza do Concello e do resto de dependencias municipais. O contrato, por catro anos prorrogables outros dous, supón un aforro de 760.000 euros para as arcas municipais.

 

O goberno local concede 100.000 euros para a rehabilitación de 13 vivendas nos cascos históricos

A Xerencia de Urbanismo celebrada este venres deu luz verde á concesión de 100.000 euros para rehabilitar seis vivendas no Casco Vello e outras sete en Bouzas, nun total de 10 edificios. Por outra banda, a sesión tomou coñecemento do informe técnico municipal sobre o Plan Director de Acuicultura Litoral de Galicia.

 


O alcalde eloxia a profesionalidade dos axentes no Día da Polícía Local

Abel Caballero presenciu hoxe venres os actos conmemorativos do Día da Policía Local, que se desenvolveron na Praza do Rei con exhibicións de todas as seccións do Corpo. O alcalde felicitou e agradeceu aos axentes o seu traballo na procura dunha cidade mellor. Durante o evento, recoñeceuse o traballos dos policías que cumpren 25, 30 e 35 anos no corpo, 44, 29 e 6 axentes, respectivamente.

 

O Concello convenia con Citroën Vigo a contratación de 55 persoas durante un ano

Abel Caballero amosou este venres a súa «gran satisfacción» polas contratacións realizadas pola factoría de Balaídos para reforzar o seu turno de noite, e recordou que o Concello de Vigo e PSA asinaron este ano un convenio de colaboración que permitiu a contratación de 55 persoas, dentro do Plan de Emprego municipal.

 

Unha delegación turca achégase a Vigo para coñecer o sistema municipal de limpeza

Abel Caballero destacou hoxe venres que unha delegación turca de Pendik, un distrito de Estambul de 650.000 habitantes, estivo en Vigo interesada no sistema de recollida de sólidos e limpeza da cidade. Estes responsables políticos, que mantiveron encontros co propio alcalde, os tenente de alcaldes e persoal municipal, «fixeron unha valoración excepcional» do funcionamento deste servizo municipal, «na cidade máis limpa de España, escoba de platino desde hai seis anos», dixo o rexedor.

 

Obradoiro de «Xénero e igualdade de oportunidades»

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto «Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade».

 

Lecer no verán para persoas con discapacidade

O proxecto consiste nun servizo de lecer e respiro familiar de carácter non permanente , dirixido a persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo, que se realizará nos mese de xullo e agosto.

 

Convocatoria de «Respiro Familiar Municipal para Persoas con Discapacidade»

A Concellería de Política Social abre o prazo desta convocatoria dirixida a familias ou coidadores de persoas afectadas por algunha discapacidade entre 3 e 50 anos, que precisen dispoñer puntualmente de tempo libre , as estanzas serán de fin de semán.

 

Pleno da Corporación

XIII DESFILE “MUCHO X VIVIR” Corsetería y moda baño postmastectomía

viewer (2)El Salón Regio del Círculo Mercantil de Vigo acogerá el próximo miércoles 29 de mayo a las 18:00 la XIII edición del desfile “Mucho x vivir”, protagonizado por 12 modelos diagnosticadas de cáncer de mama, que luciendo la nueva colección de lencería y baño 2013, nos demostrarán que la enfermedad se supera, que muchas mujeres la sufren y una vez recuperadas son capaces de subirse a una pasarela para ofrecernos toda una lección de coraje y ganas de vivir.

Cuando una mujer es diagnosticada de cáncer de mama, muchas  veces debe  ser sometida a una cirugía que la obliga a utilizar prótesis de mama afectando directamente a su imagen corporal, su feminidad y autoestima. La aecc en colaboración con la firma Amoena ofrece en este desfile a la mujer operada de cáncer de mama moda de diseño que realza la silueta y ayuda  a recuperar la confianza y la imagen positiva de su cuerpo.

El evento será conducido por la presentadora Ana Vicente y contará con la colaboración especial de Isabel Barría, concursante del programa La Voz. 

Organiza:  Junta Local de Vigo de la Asociación Española Contra el Cáncer 

Colaboran: Círculo Mercantil Vigo,  Coloplast –Amoena,  Desing group,  Floristería Ángel Covelo,  Chus peluquería y belleza , La Zapatería.

Patrocinan: Exclusivas Iglesias, Ortopedia Atlántica, Ortopedia María Lede,  Ortopedia Orto –tec , Ortopedia Taler y  Ortopedia Künne

Entrada libre limitada al aforo.

Iberia Express lidera la puntualidad de las aerolíneas europeas con un 96,8% en abril

  • La compañía logra acumular hasta 11 días con una puntualidad del 100%
  • Iberia Express se consolida como cuarto operador del aeropuerto de Madrid-Barajas, con más de 900.000 pasajeros transportados en los primeros cuatro meses de 2013

La puntualidad de Iberia Express marca un nuevo hito en el mes de abril alcanzando el 96,8% tras acumular hasta 11 días con una puntualidad del 100%. Este dato, que sitúa a la aerolínea entre las compañías aéreas más puntuales de Europa, consolida, en este segundo año de operaciones, la tendencia marcada por Iberia Express desde su puesta en marcha.

Iberia Express ha transportado en los primeros cuatro meses de 2013 más de 900.000 pasajeros y refuerza su posición como cuarto operador del aeropuerto de Madrid-Barajas –origen y destino de todos sus vuelos en este periodo-.

La aerolínea, que cuenta con 14 aviones, opera en su programa de verano 14 rutas nacionales con origen o destino en Madrid-Barajas, las rutas Palma de Mallorca-Tenerife y Vigo-Palma de Mallorca y siete destinos internacionales: Atenas, Copenhague, Dublín, Dusseldorf, Frankfurt, Riga y San Petersburgo.

Iberia Express, filial de Iberia, opera rutas de corto y medio radio y aporta tráfico directo además de alimentar la red de largo radio de Iberia. Iberia Express es miembro de oneworld, una alianza de once compañías aéreas, que ofrece a sus pasajeros una flota de 2.500 aeronaves que realizan 8.750 vuelos diarios y 800 destinos internacionales alrededor de todo el mundo en 150 países.

La compañía opera en código compartido con Iberia, LAN Airlines, Qantas Airways, Air Berlin, Japan Air Lines, American Airlines, Avianca, Finnair, British Airways y Siberia Airlines.

 

 

Actos en torno ás Letras Galegas no MARCO Salón de actos, martes 28 e mércores 29 de maio

Mañá martes 28 de maio e o mércores 29, o salón de actos do MARCO acollerá dous actos relacionados coa celebración do Día das Letras Galegas: a proxección dun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre Roberto Vidal Bolaño, e unhaconferencia-coloquio en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Vidal Bolaño, que estará a cargo de Uxía Blanco e Xavier Castro. Neste caso, a conferencia está organizada dende o Servizo De Normalización Lingüística do Concello de Vigo, no contexto das actividades programadas ao redor do Día das Letras Galegas.

MARTES 28 maio, ás 19.30

 

Proxección do documental

‘Recuperando o Roberto Vidal Bolaño’

de Gonzalo Enríquez Veloso

(2013, 30’)

Coprodución: Millo Filmes e Televisión de Galicia

Agradecementos: Editorial Galaxia

 

Salón de actos

 

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

 

Gonzalo Enríquez Veloso é autor de tres documentais sobre os protagonistas do Día das Letras Galegas nos tres últimos anos: Valentín Paz Andrade, Lois Pereiro, e Roberto Vidal Bolaño. Os proxectos son abordados dende diferentes perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda que o tema central é o autor homenaxeado, o documental articúlase a partir de entrevistas e charlas con distintas persoas (familiares, amigos, colegas, compañeiros, críticos…) que se converten tamén en co-protagonistas. No caso de Vidal Bolaño, os participantes son, entre outros, Roi Vidal, Laura Ponte, Belén Quintáns, Quico Cadaval, Manuel Lourenzo, Rodrigo Roel, Rubén Ruibal, Xosé Manuel Fernández Castro, Paco Macías, Carlos Mejuto, Dolores Vilavedra, ou Inma López Silva.

MÉRCORES 29 maio, ás 19.30

 

Conferencia-coloquio

‘Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño: Unha visión nos espellos do calexón do gato

con Uxía Blanco Xavier Castro

 

Organiza: Concello de Vigo, Servizo de Normalización Lingüística

 

Salón de actos

 

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

 

A actriz Uxía Blanco e o escritor Xavier Castro conducirán este acto, no que se ofrecerá unha perspectiva caleidoscópica de Rosalía incidindo na particular visión que tiña sobre ela Roberto Vidal Bolaño. Asi mesmo, poderemos ollar en directo, pola maxia do cinema, o seu traballo actoral e o seu labor como autor e director. Convidarase ao público a que sexa partícipe e protagonista neste acto.

 

 

 

 

 

 

Vigo y Pontevedra acogen simultáneamente la primera edición de las Jornadas Informativas Sanitarias dirigidas a la población general

Vigo, 27/05/13.- Tabaquismo, diabetes, asperger, nutrición, riesgo cardiovascular, salud sexual, enfermedades raras, etc. Estos serán algunos de los temas que centrarán la primera edición de JIS 2013, las Jornadas Informativas Sanitarias abiertas a la población general. Organizadas por la empresa gallega Medical ESP, las charlas y talleres se celebrarán del 29 al 31 de mayo de manera simultánea en Vigo y Pontevedra con el objetivo de hacer llegar al público general, información de interés sobre temas o patologías relevantes en el ámbito de la salud. En esta primera edición, que pretende instalarse en el calendario de eventos de ambas ciudades con una periodicidad anual, los asistentes podrán asistir de manera gratuita a once charlas en las sedes de Vigo (Centro Social Novacaixagalicia) y Pontevedra (Patronato de Turismo Rías Baixas)

Así, mediante conferencias, pruebas diagnósticas, y clases prácticas, la organización del evento intentará mejorar el conocimiento de los pacientes y sus familiares en distintos temas de interés.

MedicalESP nace en febrero de 2012, como portal de formación médica continuada con carácter nacional, con tres pilares básicos en su concepto y funcionamiento global: independencia, comunicación e innovación. Entre su apuesta innovadora ha creado DoCCommunicator, una herramienta que permite que los médicos de atención primaria, MIR, investigadores y estudiantes se asesoraren sobre un tema sanitario o un caso concreto de un paciente con especialistas de toda España. La aplicación de esta tecnología en el sistema sanitario gallego permite mejorar la atención al paciente, pues se le evita la incertidumbre de estar varios meses en lista de espera sin conocer el alcance real de su dolencia.

BNG de Vigo

O BNG defende o partido xudicial de Vigo e insta á Xunta a iniciar os trámites para a transferencia da xustiza 

Vigo, 27 de maio de 2013.- Presentada a modo de engádega a unha moción do PsdG  en defensa do partido xudicial vigués, o Bloque insta á Xunta a cumprir as súas obrigas estatutarias en materia de xustiza e iniciar os trámites para a súa transferencia. Ademais, a proposta do BNG insta á Xunta a reclamar do goberno estatal a paralizar a reforma prevista polo Ministerio de Xustiza.

“Gallardón consigue poñer de acordo a todo o mundo, acada o consenso por oposición”, salientou a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, na súa intervención, quen asegurou que sería un “prexuízo enorme” para a cidade a eliminación do partido xudicial vigués.

O BNG vota en contra da amortización da débeda porque os obxectivos debería ser “desemprego cero” e “fame cero” 

Vigo, 27 de maio de 2013.- O Bloque opúsoxe á amortización da débeda presentada polo goberno vigués no pleno municipal, votando en contra, malia que resultou aprobada cos votos do PsdeG e a abstención do PP. Tras explicar que a lexislación popular obriga ás administracións públicas a dar liquidez aos bancos, a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, asegurou que precisamente “os únicos que gañan con esta operación son os de sempre: os bancos”.

Iolanda Veloso criticou o argumento do alcalde segundo a cal o seu obxectivo é acadar a débeda cero. “A nós gustaríanos que o de Vigo fose o primeiro concello europeo con desemprego cero ou con fame cero”, salientou, ao tempo que asegurou que “a débeda cero non é un obxectivo a curto prazo do BNG”.

O BNG acada o respaldo do pleno para coñecer con detalle o patrimonio e o emprego da obra social da Fundación NCG 

Vigo, 27 de maio de 2013.- A moción presentada no pleno polo BNG para demandar á Fundación Novacaixagalicia información sobre o seu patrimonio e postos de traballo na cidade acadaou o respaldo do pleno ao ser aprobada por unanimidade. Na defensa da proposta, a portavoz municipal nacionalista, Iolanda Veloso, tamén instou ao alcalde a constituír unha fronte común de defensa deste patrimonio e que este revirta na cidadanía.

Tendo en conta precisamente que o patrimonio desta entidade foi “adquirido e desenvolvido cos cartos da cidadanía viguesa”, Iolanda Veloso expresou o rexeitamento a unha emenda do PP na que instaba á participación activa do Concello de Vigo. “Queremos que todo o patrimonio da Fundación siga sendo da cidadanía, pero non queremos que os vigueses volvan a pagar por iso”, destacou.

A portavoz municipal do BNG afirmou que os bens da Fundación -que na cidade inclúen edificios, fincas, centros de ensino e patrimonio artístico- son de toda a cidade “e non queremos que o Concello de Vigo teña que dedicarlles máis recursos”, engadíu, facendo referencia á Finca de San Roque, o Colexio Fogar e o Centro Cultural.

 

CIG

A CIG promove a revogación dos 5 membros do seu Comité de Empresa en Dinak, en Vigo, por asinar un acordo que afecta gravemente aos traballadores

A CIG vén de promover a revogación do Comité de Empresa de Dinak, Vigo, por asinar un acordo que afecta gravemente aos traballadores. A decisión da central sindical foi referendada polos traballadores nunha votación en Asemblea e comunicado o seu cese como representantes da CIG ante a Delegación de Traballo. Xa se convocaron novas eleccións sindicais para elixir a outros cinco representantes.

A empresa DinaK en Vigo dedícase á fabricación de chemineas metálicas e está afectada polo Convenio Provincial do Metal. O Comité de Empresa, contradicindo o acordo da Asemblea de traballadores,  que rexeitara  os cambios propostos pola empresa de diminuír os salarios e modificar a xornada laboral, asinou a proposta empresarial afectando gravemente as condicións de traballo.

As modificacións inclúen a desaparición da prima de produción e a ampliación da xornada de traballo en quince minutos diarios, que era o tempo do que dispoñían os traballadores para o bocadillo. Este tempo era computado como xornada efectiva. Eses quince minutos trasladáronse a Sábados, cando a xornada laboral era de Luns a Venres.

A CIG adopta esta medida porque considera inadmisíbel e contrario ao seu modelo sindical que os membros dun Comité, que representan á central sindical, cheguen a un acordo coa empresa en contra dunha decisión acordada en asemblea de traballadores.

Unha delegación da CIG manterá unha xuntanza mañá en Bruxelas co director da Oficina da Competencia para abordar a problemática derivada do tax lease

A CIG terá mañá martes día 28 de Maio, unha xunta co Director da competencia e responsable do expediente do tax Lease que afecta ao Sector Naval no Estado e particularmente ao galego na Comarca de Vigo.

A xunta foi xestionada pola eurodiputada galega do BNG Ana Miranda, e acudirán en representación da CIG o Secretario Nacional do Metal, Xoán Xosé Bouzas Aboi, o Secretario Comarcal do Metal en Vigo, Manuel Simón e o secretario Nacional do Sector Naval, Cesar Rodríguez .

Trasladaremos a urxencia por resolver o expediente e a importancia que o naval ten na cidade de Vigo, maior que en ningunha outra parte do Estado, polo peso e número dos Estaleiros e polo volume de emprego que mobiliza; un Sector estrutural, vital e histórico na economía da cidade.

Preguntaremos a data prevista para a conclusión do expediente, a decisión sobre a retroactividade, os informes recibidos e as prácticas coñecidas doutros países como Holanda, Noruega ou mesmo Francia en aplicar deducións fiscais directas á innovación e tecnoloxía de orixe, que poden afectar ás normas de competencia.

Ao remate da xunta informaremos sobre as respostas e conclusións sobre a mesma.

Traballo y Benestar Social da Xunta de Galicia

PUBLICADA NO DOG A ORDE DE XUVENTUDE QUE PERMITIRÁ INCORPORAR A 3.000 MOZOS E MOZAS COMO VOLUNTARIOS PARA PROXECTOS SOLIDARIOS

  • Trátase do primeiro programa en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade
  • Os participantes do Servizo de Voluntariado Xuvenil recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011
  • Os programas que ten en marcha este área do departamento autonómico constitúen ferramentas de gran utilidade para facer da participación activa dos mozos e mozas a primeira fase do emprendemento

Santiago, 27 de maio de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula o Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 375.800 euros, permitirá incorporar a 3.000 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos como voluntarios nos proxectos solidarios de entidades de acción voluntaria e concellos. Leer más…

adxudicacion municipal do servizo integral de mantemento de cemiterios – Concello de vigo

COMUNICADO DE PRENSA
Adjudicacion PP cementerios[1]_page1_image2 (2)Vigo, 27 de maio de 2013.- Con repecto á adxudicación do servizo de mantemento dos
integral dos cemiterios municipais á empresa Servizos Auxiliares de Mentemento e Limpeza
(Samyl S.L.), o goberno local aclara que esta adxudicación, como todas as demais, pasou
pola mesa de contratación na que están presentes representantes de todos os grupos
políticos e foi aprobada con todos os informes técnicos e xurídicos a favor, é dicir, con total
transparencia.
Na clasificación de ofertas da mesa de contratación celebrada o 17 de abril de 2013 os
técnicos e xurícos asinaron a seguinte puntuación: Samyl acadou o primeiro posto, con
88,09 puntos; Thaler, segundo, con 79,81; UTE, terceira, con 78,50; Cespa, cuarta, con
77,10; Acciona, quinta, con 41,82; e, por último, Elsamex, sexta, con 40,63 puntos.
Atendendo a esta clasificación e como non podía ser de outra maneira, os membros da mesa
de contratación decidiron por unanimidade adxudicar o contrato á empresa mellor puntuada.
E dicir, se a Xunta de Goberno local non chega a adxudicar este contrato a Samyl S.L.,
-compañía clasificada en primeiro lugar- estaría comentendo unha irregularidade. Ademáis,
esta oferta significará un aforro de 50.000 euros para as arcas municipais.
Por outra banda, Samyl S.L. xa estaba prestando este mesmo servizo para o Concello froito
dunha adxudicación realizada no 2007 polo goberno do PP de Corina Porro e sendo tenente
de alcalde, Jose Manuel Figueroa, actual voceiro popular no Concello de Vigo.
Concretamente, foi o señor Figueroa, membro daquel goberno do PP o que asinou a
adxudicación, cono tenente de alcalde, o 30 de abril de 2007.
Samyl S.L. é unha empresa con sede en Valladolid que oferta múltiples servizos ás
administracións públicas, entre outras, ao propio concello vallisoletano.