Actos en torno ás Letras Galegas no MARCO Salón de actos, martes 28 e mércores 29 de maio

Mañá martes 28 de maio e o mércores 29, o salón de actos do MARCO acollerá dous actos relacionados coa celebración do Día das Letras Galegas: a proxección dun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre Roberto Vidal Bolaño, e unhaconferencia-coloquio en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Vidal Bolaño, que estará a cargo de Uxía Blanco e Xavier Castro. Neste caso, a conferencia está organizada dende o Servizo De Normalización Lingüística do Concello de Vigo, no contexto das actividades programadas ao redor do Día das Letras Galegas.

MARTES 28 maio, ás 19.30

 

Proxección do documental

‘Recuperando o Roberto Vidal Bolaño’

de Gonzalo Enríquez Veloso

(2013, 30’)

Coprodución: Millo Filmes e Televisión de Galicia

Agradecementos: Editorial Galaxia

 

Salón de actos

 

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

 

Gonzalo Enríquez Veloso é autor de tres documentais sobre os protagonistas do Día das Letras Galegas nos tres últimos anos: Valentín Paz Andrade, Lois Pereiro, e Roberto Vidal Bolaño. Os proxectos son abordados dende diferentes perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda que o tema central é o autor homenaxeado, o documental articúlase a partir de entrevistas e charlas con distintas persoas (familiares, amigos, colegas, compañeiros, críticos…) que se converten tamén en co-protagonistas. No caso de Vidal Bolaño, os participantes son, entre outros, Roi Vidal, Laura Ponte, Belén Quintáns, Quico Cadaval, Manuel Lourenzo, Rodrigo Roel, Rubén Ruibal, Xosé Manuel Fernández Castro, Paco Macías, Carlos Mejuto, Dolores Vilavedra, ou Inma López Silva.

MÉRCORES 29 maio, ás 19.30

 

Conferencia-coloquio

‘Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño: Unha visión nos espellos do calexón do gato

con Uxía Blanco Xavier Castro

 

Organiza: Concello de Vigo, Servizo de Normalización Lingüística

 

Salón de actos

 

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

 

A actriz Uxía Blanco e o escritor Xavier Castro conducirán este acto, no que se ofrecerá unha perspectiva caleidoscópica de Rosalía incidindo na particular visión que tiña sobre ela Roberto Vidal Bolaño. Asi mesmo, poderemos ollar en directo, pola maxia do cinema, o seu traballo actoral e o seu labor como autor e director. Convidarase ao público a que sexa partícipe e protagonista neste acto.

 

 

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: