BNG de Vigo

O BNG defende o partido xudicial de Vigo e insta á Xunta a iniciar os trámites para a transferencia da xustiza 

Vigo, 27 de maio de 2013.- Presentada a modo de engádega a unha moción do PsdG  en defensa do partido xudicial vigués, o Bloque insta á Xunta a cumprir as súas obrigas estatutarias en materia de xustiza e iniciar os trámites para a súa transferencia. Ademais, a proposta do BNG insta á Xunta a reclamar do goberno estatal a paralizar a reforma prevista polo Ministerio de Xustiza.

“Gallardón consigue poñer de acordo a todo o mundo, acada o consenso por oposición”, salientou a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, na súa intervención, quen asegurou que sería un “prexuízo enorme” para a cidade a eliminación do partido xudicial vigués.

O BNG vota en contra da amortización da débeda porque os obxectivos debería ser “desemprego cero” e “fame cero” 

Vigo, 27 de maio de 2013.- O Bloque opúsoxe á amortización da débeda presentada polo goberno vigués no pleno municipal, votando en contra, malia que resultou aprobada cos votos do PsdeG e a abstención do PP. Tras explicar que a lexislación popular obriga ás administracións públicas a dar liquidez aos bancos, a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, asegurou que precisamente “os únicos que gañan con esta operación son os de sempre: os bancos”.

Iolanda Veloso criticou o argumento do alcalde segundo a cal o seu obxectivo é acadar a débeda cero. “A nós gustaríanos que o de Vigo fose o primeiro concello europeo con desemprego cero ou con fame cero”, salientou, ao tempo que asegurou que “a débeda cero non é un obxectivo a curto prazo do BNG”.

O BNG acada o respaldo do pleno para coñecer con detalle o patrimonio e o emprego da obra social da Fundación NCG 

Vigo, 27 de maio de 2013.- A moción presentada no pleno polo BNG para demandar á Fundación Novacaixagalicia información sobre o seu patrimonio e postos de traballo na cidade acadaou o respaldo do pleno ao ser aprobada por unanimidade. Na defensa da proposta, a portavoz municipal nacionalista, Iolanda Veloso, tamén instou ao alcalde a constituír unha fronte común de defensa deste patrimonio e que este revirta na cidadanía.

Tendo en conta precisamente que o patrimonio desta entidade foi “adquirido e desenvolvido cos cartos da cidadanía viguesa”, Iolanda Veloso expresou o rexeitamento a unha emenda do PP na que instaba á participación activa do Concello de Vigo. “Queremos que todo o patrimonio da Fundación siga sendo da cidadanía, pero non queremos que os vigueses volvan a pagar por iso”, destacou.

A portavoz municipal do BNG afirmou que os bens da Fundación -que na cidade inclúen edificios, fincas, centros de ensino e patrimonio artístico- son de toda a cidade “e non queremos que o Concello de Vigo teña que dedicarlles máis recursos”, engadíu, facendo referencia á Finca de San Roque, o Colexio Fogar e o Centro Cultural.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: