CIG

A CIG promove a revogación dos 5 membros do seu Comité de Empresa en Dinak, en Vigo, por asinar un acordo que afecta gravemente aos traballadores

A CIG vén de promover a revogación do Comité de Empresa de Dinak, Vigo, por asinar un acordo que afecta gravemente aos traballadores. A decisión da central sindical foi referendada polos traballadores nunha votación en Asemblea e comunicado o seu cese como representantes da CIG ante a Delegación de Traballo. Xa se convocaron novas eleccións sindicais para elixir a outros cinco representantes.

A empresa DinaK en Vigo dedícase á fabricación de chemineas metálicas e está afectada polo Convenio Provincial do Metal. O Comité de Empresa, contradicindo o acordo da Asemblea de traballadores,  que rexeitara  os cambios propostos pola empresa de diminuír os salarios e modificar a xornada laboral, asinou a proposta empresarial afectando gravemente as condicións de traballo.

As modificacións inclúen a desaparición da prima de produción e a ampliación da xornada de traballo en quince minutos diarios, que era o tempo do que dispoñían os traballadores para o bocadillo. Este tempo era computado como xornada efectiva. Eses quince minutos trasladáronse a Sábados, cando a xornada laboral era de Luns a Venres.

A CIG adopta esta medida porque considera inadmisíbel e contrario ao seu modelo sindical que os membros dun Comité, que representan á central sindical, cheguen a un acordo coa empresa en contra dunha decisión acordada en asemblea de traballadores.

Unha delegación da CIG manterá unha xuntanza mañá en Bruxelas co director da Oficina da Competencia para abordar a problemática derivada do tax lease

A CIG terá mañá martes día 28 de Maio, unha xunta co Director da competencia e responsable do expediente do tax Lease que afecta ao Sector Naval no Estado e particularmente ao galego na Comarca de Vigo.

A xunta foi xestionada pola eurodiputada galega do BNG Ana Miranda, e acudirán en representación da CIG o Secretario Nacional do Metal, Xoán Xosé Bouzas Aboi, o Secretario Comarcal do Metal en Vigo, Manuel Simón e o secretario Nacional do Sector Naval, Cesar Rodríguez .

Trasladaremos a urxencia por resolver o expediente e a importancia que o naval ten na cidade de Vigo, maior que en ningunha outra parte do Estado, polo peso e número dos Estaleiros e polo volume de emprego que mobiliza; un Sector estrutural, vital e histórico na economía da cidade.

Preguntaremos a data prevista para a conclusión do expediente, a decisión sobre a retroactividade, os informes recibidos e as prácticas coñecidas doutros países como Holanda, Noruega ou mesmo Francia en aplicar deducións fiscais directas á innovación e tecnoloxía de orixe, que poden afectar ás normas de competencia.

Ao remate da xunta informaremos sobre as respostas e conclusións sobre a mesma.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: