Traballo y Benestar Social da Xunta de Galicia
PUBLICADA NO DOG A ORDE DE XUVENTUDE QUE PERMITIRÁ INCORPORAR A 3.000 MOZOS E MOZAS COMO VOLUNTARIOS PARA PROXECTOS SOLIDARIOS
- Trátase do primeiro programa en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade
- Os participantes do Servizo de Voluntariado Xuvenil recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011
- Os programas que ten en marcha este área do departamento autonómico constitúen ferramentas de gran utilidade para facer da participación activa dos mozos e mozas a primeira fase do emprendemento
Santiago, 27 de maio de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula o Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 375.800 euros, permitirá incorporar a 3.000 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos como voluntarios nos proxectos solidarios de entidades de acción voluntaria e concellos.
Trátase do primeiro programa en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade. Os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.
Este tipo de iniciativas constitúen un exemplo da evolución que nos últimos catro anos ten experimentado a programación da Dirección Xeral de Xuventude, dun modelo baseado case en exclusiva na xestión do ocio e tempo libre, a programas vinculados á participación activa, ao emprendemento, á empregabilidade e á educación non formal da mocidade, puntos estratéxicos da primeira Lei de Xuventude de Galicia.
Os programas que ten en marcha este área do departamento autonómico constitúen ferramentas de gran utilidade para facer da participación activa dos mozos e mozas a primeira fase do emprendemento.
TRABALLO ASINA OS 30 PRIMEIROS CONTRATOS DE FORMACIÓN QUE FINANCIA O DEPARTAMENTO PARA MOZOS E MOZAS DESEMPREGADOS
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe o convenio para os primeiros 15 beneficiarios coa empresa Quintaglass de Padrón, ao que a Xunta destinará 28.000 euros
- Nos próximos días firmaranse outros dous acordos de colaboración con Aluminios Padrón e Quintastone
- Trátase da aposta máis forte en Galicia dun mesmo grupo por esta modalidade contractual
- Están dirixidos a desempregados menores de 30 anos, que contarán cun salario acorde ao convenio colectivo e unha actividade formativa dun mínimo do 25 por cento da xornada laboral
- O financiamento da formación é unha decisión voluntaria do departamento, que non se produce noutras autonomías
- Xa hai conversas avanzadas con outras empresas, que darán os seus froitos nas próximas semanas.
- TRABALLO INVESTIRÁ MÁIS DE 8,2 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A CONTRATACIÓN DE MÁIS DE 560 DESEMPREGADOS
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas que están dirixidas a colectivos sociais, especialmente de discapacidade e de risco de exclusión social
- O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de mañá
- Estas subvencións enmárcanse nos plans de cooperación da Consellería de Traballo e Benestar
Santiago, 27 de maio de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá este ano máis de 8,2 millóns de euros para axudas a entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de que sexan destinadas á contratación de máis de 560 persoas en situación de desemprego.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas subvencións, que están dirixidas especialmente a colectivos que traballan a favor das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de mañá. Terán que ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.es.
En definitiva, estas axudas están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro co obxecto de proporcionarlles a experiencia práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral.
Estas subvencións forman parte dos plans de cooperación da Xunta de Galicia. Este programa inclúe tamén axudas para os concellos para a contratación de persoas desempregadas co obxectivo de que desenvolvan obras ou servizos de interese xeral e social. Este ano poderán beneficiarse desta parte dos plans de cooperación máis de 1.850 persoas. A convocatoria destas axudas xa saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a principios do mes de maio.
Cada unha das xornadas de voluntariado contará con 6 euros en concepto de transporte e manutención do voluntario. Para as entidades de acción voluntaria a axuda diaria será de 4 euros, para cubrir os gastos de seguro e de xestión.