O INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E COGAMI PROMOVEN A FORMACIÓN EN CONSUMO RESPONSABLE ENTRE O COLECTIVO DA DISCAPACIDADE
A presidenta do IGC, Sol Vázquez, e o presidente de Cogami, Anxo Queiruga, asinaron hoxe un acordo para o desenvolvemento de actividades informativas e formativas
A formación é un dos eixos da actuación na protección e defensa dos consumidores da Xunta, que proporcionou formación directa a máis de 12.000 persoas en 2012 a través da Escola Galega de Consumo.
ROSA QUINTANA: “APOSTAR POLO TURISMO MARIÑEIRO É APOSTAR POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”
A titular de Medio Rural e Mar destacou a suma de esforzos que fixo posible poñer en marcha este programa e salientou as súas bondades, entre elas, os beneficios transversais que presenta para o sector do mar, agradecendo o esforzo dos Grupos de Acción Costeira (GACs) de Galicia, promotores da iniciativa
A directora de Turismo de Galicia resaltou as potencialidades do destino Galicia para a práctica do turismo mariñeiro e a súa singularidade en combinación con produtos de tan alto valor engadido como a enogastronomía galega. Ademais, incidiu no potencial desestacionalizador e de dinamización turística e económica do produto Turismo Mariñeiro.
A RFG volve a Vigo da man da Fundación Novacaixagalicia
A Fundación Novacaixagalicia presenta en Vigo a Real Filharmonía de Galicia que estará dirixida polo director de orquestra inglés, Ivor Bolton. A cita será mañá ás 20.30 h. no teatro do Centro Cultural da entidade en Vigo. As entradas para o evento están á venda mediante as canles habituais da entidade, tanto a través de www.servinova.com, como da súa billeteira telefónica no 902 504 500.
A XUNTA CONCEDE PRETO DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS A 14 ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA SOCIAL DE VIGO E A SÚA ÁREA TERRITORIAL
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a escola infantil Santa Isabel, en Teis, e a EI Laboral San José, de Gondomar.
- As familias da área territorial contan con máis de 2.280 prazas sostidas con fondos públicos para nenos e nenas de 0 a 3 anos tendo en conta as escolas da rede autonómica A Galiña Azul, as de iniciativa social e o cheque infantil.
- En Vigo cidade a Xunta sostén con fondos públicos máis de 1.300 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, sendo un 48,3% as prazas relativas á rede autonómica a través das 8 escolas infantís existentes.
acto de rúa xoves 30 de maio na Praza da Constitución
A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, GAS (Grupo de Axitación Social) e o Grupo O Imán queremos informar aos medios de comunicación da organización o vindeiro xoves 30 de maio dun acto de rúa na Praza da Constitución co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.
Ao acto asistirá tamén a compañeira Beatriz Figueroa que nesa data levará 9 días en folga de fame diante das portas do INEM de Navia denunciando que «El SERGAS te cura el cáncer, el INSS y el INEM te matan de hambre.» (+info: https://sites.google.com/site/lavidanosigueigual/home)
Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz…, continuamos a recibir en demasiadas ocasións unha resposta negativa cando nos achegamos aos servizos sociais en busca dunha solución, cando menos parcial, aos nosos graves problemas. “Non hai cartos”, escoitamos con frecuencia. Pero mentres, hai cartos a esgalla para proxectos que nada teñen que ver cos dereitos fundamentais da cidadanía; e mentres, por exemplo, continúa sen ser executado o plan de axudas sociais para familias con escasos ou nulos recursos, aprobado o pasado xaneiro por un importe de 3,2 millóns…
O acto se desenvolverá entre as 11:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.
MOZOS E MOZAS DE 8 PAÍSES REÚNENSE EN SANTIAGO PARA ANALIZAR POLÍTICAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO XUVENIL EN EUROPA
- O director xeral de xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, reuniuse hoxe con eles para abordar as accións que neste campo se están a levar a cabo desde a Xunta de Galicia
- Segundo explicou Ovidio Rodeiro, os mozos e mozas debaterán sobre o contexto económico actual e a súa incidencia nas políticas xuvenís a nivel local e rexional
- Para o director xeral “o encontro é unha chamada á esperanza e ao optimismo, pretende traducir as palabras en feitos e achegar de xeito real o tecido asociativo ao tecido político e empresarial” Leer más…
PUBLICADA NO DOG A ORDE QUE DESTINA 7,3 MILLÓNS DE EUROS PARA O EMPREGO DUNHAS 2.000 PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN GALICIA
§ Estas subvencións van destinadas aos 115 centros especiais de emprego que existen en Galicia e abrangue o período entre o 1 de decembro de 2012 e o 30 de novembro de 2013
§ A orde publicada hoxe no DOG permite o anticipo do 80% da contía concedida, fronte ao 25% da anterior convocatoria
§ O apoio aos centros especiais de emprego compleméntase coas axudas dos programas de incentivos para a creación ou ampliación do cadro de persoal con discapacidade e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional destes centros, con 800.000 euros
§ Así, o orzamento destinado en 2013 ao emprego das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego ascenderá a oito millóns de euros
§ Esta iniciativa encádrase no esforzo da Xunta por acadar unha integración plena das persoas con discapacidade, no que o acceso ao emprego é un elemento decisivo.
Santiago, 28 de maio de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar destinará 7,28 millóns de euros para o mantemento do emprego de preto de 2.000 persoas traballadoras con discapacidade a través dunha orde de axudas que se encarga de financiar parcialmente o custo salarial destas contratacións. Estas subvencións van destinadas aos 115 centros especiais de emprego que existen en Galicia e abrangue o período entre o 1 de decembro de 2012 e o 30 de novembro de 2013.
O apoio aos centros especiais de emprego por parte da Xunta de Galicia compleméntase coas axudas dos programas de incentivos para a creación ou ampliación do cadro de persoal con discapacidade e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional destes centros, neste caso cun orzamento de 800.000 euros. Así, o orzamento destinado en 2013 ao emprego das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego ascenderá a oito millóns de euros.
A orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) permite o pagamento á conta e anticipado destas axudas. De feito, autorizouse a exención da obriga de constituír garantías para realizar os pagamentos anticipados e á conta, así como a modificación da porcentaxe máxima de estas co fin de colaborar co mantemento destes centros e de facilitarlles o seu financiamento.
Deste xeito, autorizouse o pagamento á conta de ata un 90% da totalidade concedida, e o importe dos anticipos será do 80%, fronte ao 25% da anterior convocatoria.
O obxectivo destas axudas é promover a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego, así como a súa permanencia no mercado laboral. Ao mesmo tempo, estas axudas favorecen a viabilidade destas empresas.
Estes centros dan empregos a persoas con distintos tipos e graos de discapacidade. En concreto, estes postos de traballo están ocupados por persoas con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual cun grao superior ao 33 por cento.Tamén poden acceder a estas fórmulas especiais de emprego protexido as persoas cun grao de discapacidade física ou sensorial superior ao 33 por cento.
Esta iniciativa encádrase no esforzo da Xunta por acadar unha integración plena das persoas con discapacidade, no que o acceso ao emprego é un elemento decisivo. Para iso, a Consellería de Traballo e Benestar establece accións específicas para a inserción deste colectivo, así como para a súa permanencia no mercado laboral.
ESCUELA DE ALIMENTACIÓN CORRECTA
Escuela de Alimentación Correcta
Impartida por Paula Álvarez Freire
Grado en Nutrición Humana y Dietética por la
Universidad de Navarra
INSCRIPCIONES
Centro Cívico Casco Vello
Dirección: Calle Oliva 12, 36202 Vigo.
Teléfono: 986 226 841.
Información y contacto: Paula Álvarez Freire
Teléfono: 617 379 796
Programa
1. Diferencia entre Alimentarse y Nutrirse: nutrición celular
2. Importancia del Agua y la Salud Digestiva
3. Metabolismo – ¿Por qué las dietas no funcionan?
4. Importancia de las 5 comidas y actividad física
Se hará entrega de un diploma todos los es asistentes
Centro Cívico Casco Vello
Calle Oliva 12, 36202 Vigo.
HORARIO
DÍAS: 3, 10, 17 de junio y 1 de
“Instalacións do Centro Cívico de Casco Vello cedidas
gratuitamente para o desenvolvemento do obradoiro polo
Concello de Vigo – Participación Cidadá”
julio a las 19:30
Desde La Rioja Monólogo Jesus Angel Arriet en Cocktail Bar Paraiso Perdido
Jesus Ángel Arriet tuvo una vida diferente a la del resto de los mortales:
Como buen Riojano y amante del buen vino quiso ser enólogo, pero no pudo debido al tamaño de su nariz, ya que las copas de vino debían ser como macetas, así que probó fortuna en el mundo del monólogo que también acababa en » ólogo «…
Estaba un poco flaco y un dia le dijeron que la televisión engordaba, asi que se comió la de la cocina… fue un poco duro pero su sabor le enganchó.
En una de las pruebas de teatro se quitó el miedo, se quitó la vergüenza, se quitó la ropa, subió al escenario y le dijeron “Eeeeeyyy tú chaval, qué bueno eres… para correr el telón ”.
Todo lo que le ha enseñado el mundo del escenario le gusta compartirlo con los demás a su manera.
Hoy en dia es monologuista, actor, presentador y profesor de teatro y ha sido el ganador en varios concursos de monólogos regionales y provinciales.
Vendrá especialmente desde La Rioja a el Paraiso Perdido C/ Bolivia 10, junto a Plaza Elíptica y parada de taxis. Este sábado 1 de Junio a las 23:30. Entrada 3€. Aforo limitado