Comunicados CIG

CIG-SAÚDE INFORMA

As traballadoras e traballadores da Asociación cidadá de loita contra a drogadicción de Vigo (Alborada) concentraranse o mércores 29 de maio ás 12 horas diante da Unidade Asistencial  (Isac Peral 6) para esixir  da empresa as seguintes reivindicacións:

–  Que se teñan en conta as competencias que ten o comité de empresa pola xunta directiva, xerencia e dirección (artigo 64 do estatuto dos traballadores).

-Negociación da paga extra de decembro de 2012.

–  Presentación de balance de contas dos diferentes dispositivos.

-Negociación dos criterios de mobilidade.

–  Negociación do calendario laboral.

Nota prensa Aclad-Alborada

De non ser atendidas as traballadoras e traballadores continuaran cun calendario de mobilizacións para que a empresa se sente a negociar os puntos de reivindicación.

O comité de empresa de ACLAD-Alborada, conformado por delegados/as da CIG, decidiu desconvocar a concentración prevista para hoxe día 29 diante da empresa en Vigo tras a xuntanza mantida coa dirección na que se acordou comezar a negociar a compensación aos traballadores/as pola perda da paga extra de decembro do 2012.

Esta situación débese ao recorte do 10% nos orzamentos que aprobou a Xunta de Galiza para Drogodependencias, afectando directamente aos traballadores/as.

Non se descartan novas mobilizacións para reivindicar que se manteñan os orzamentos e se axilice o ingreso destes.

LIGAZÓN: A UE confírmalle á CIG que haberá que devolver parte das bonificacións concedidas ao sector naval ao amparo do tax lease

descarga  FOTO MIRANDA TRIPULANTES MARIN

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: