Concello de vigo

Caballero estima que “en tres ou catro días” estará rematada a obra e normalizado o tráfico no túnel de Beiramar

O alcalde anunciou hoxe mércores que mañá dará comezo a obra de aseguramento da parede curvada do túnel de Beiramar, traballos que poderán rematarse “en tres ou catro días” para despois restablecer o tráfico rodado con normalidade e estudar en detalle as causas do acontecido.

 


O Concello súmase á celebración do Día da Esclerose Múltiple

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi hoxe mércores o encargado de dar lectura ao manifesto a favor das persoas con esclerose múltiple, nun acto organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo). En rolda de prensa, o rexedor destacou a “cooperación permanente” do Concello con este colectivo que hoxe colocou unha mesa informativa na Lonxa do Concello.

 

400 alumnos participaron nas IV Xornadas municipais de teatro escolar

O Auditorio Municipal acolleu hoxe mércores as útimas representacións das IV Xormadas municipais de teatro escolar, que comezaron o pasado 21 de maio. Un total de 400 alumnos de 15 centros de educación primaria compartiron escenario cos grupos de nenos e negas da Escola Municipal de Teatro.

 


O Concello organiza unha semana de actividades para conmemorar os días do Medioambiente e dos Océanos

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este mércores a semana de actividades coa que o goberno local quere conmemorar o 5 e 8 de xuño, os días do Medioambiente e dos Océanos, respectivamente. O sábado ábrese o programa cunha xornada na praia da Fonte.

 


O alcalde asina un convenio de colaboración de 13.000 euros con Agarimo

A “Asociación de Amas de Casa e Consumo Agarimo” recibirá 13.000 euros do Concello froito dun convenio de colaboración que esta mañá asinou a súa presidenta, Ana Gil Lodeiro, co alcalde de Vigo. Esta aportación ten por obxectivo axudar ao finanzamento dos gastos mantemento e as actividades que esta entidade organizará neste ano 2013.

 


O goberno local sufraga con 18.000 euros obradoiros para enfermos e familiares de Afaga

Abel Caballero e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, Carlos Rodríguez Bernárdez, asinaron un convenio de colaboración por 18.000 euros para financiar os Obradoiros paralelos, sesións de estimulación cognitiva dirixida a enfermos e familiares. O Concello, ademais, cede a esta entidade un local en Rivera Atienza e outro no Centro Cívico do Casco Vello.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: