MARCO: convocatoria obradoiro DEBUXO NA RÚA, Ignacio Pérez-Jofre – Vigo

CONVOCATORIA

convoc_obradoiro_IGNACIO%20PÉREZ-JOFRE_gal[1]_page3_image1

Do 11 ao 14 de xuño de 2013

OBRADOIRO DE DEBUXO NA RÚA
Ignacio Pérez-Jofre

Actividade paralela da exposición ‘O bosquexo do mundo

Obradoiro de debuxo na rúa
Ignacio Pérez-Jofre
Destinado a artistas, estudantes de BBAA e disciplinas afíns, e outras persoas interesadas con
coñecementos previos de debuxo.

Datas do martes 11 ao venres 14 de xuño de 2013
Lugar sala perimetral B1 (1º andar) do MARCO, e espazos urbanos
Horario de 17.00 a 20.30

PREVIA INSCRICIÓN E MATRÍCULA
. Prazas limitadas a 10 participantes
Prezo 20€
Selección de participantes en función do número de solicitudes recibidas e da súa adecuación
aos contidos e obxectivos do obradoiro

Prazo inscrición ata o 6 de xuño

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
FUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Príncipe 54. 36202 Vigo, Pontevedra. Tel: +34 986 113900. Fax +34 986 11 39 01 info@marcovigo.com http://www.marcovigo.com

CONVOCATORIA

PRESENTACIÓN

Dirixido polo artista Ignacio Pérez-Jofre, este OBRADOIRO DE DEBUXO NA RÚA formúlase como
unha serie de experiencias de captación do espazo urbano por medio do debuxo do natural.

A proposta xorde como actividade paralela da exposición ‘O bosquexo do mundo’, comisariada por
Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e coproducida polo MARCO, o Auditorio de Galicia e a
Fundación Luis Seoane. Dentro desta mostra colectiva, que actualmente ocupa as salas da planta
baixa do MARCO, Ignacio Pérez-Jofre está presente con traballos realizados na súa maioría no
espazo urbano.
+ info ‘O bosquexo do mundo’ en http://www.marcovigo.com/content/o-bosquexo-do-mundo

OBXECTIVOS
O obxectivo fundamental é estimular nos participantes a observación da vida na cidade, como lugar
de confluencia de persoas, construcións, estruturas, actividade económica, relación social, vías de
tránsito, sistemas de comunicación, símbolos, canalizacións, redes de enerxía, etc. O debuxo
formúlase como unha ferramenta idónea pola súa inmediatez e portabilidade; concretamente, o uso
dun debuxo figurativo realizado in situ tende ao desenvolvemento das capacidades de comprensión
visual e configuración cognitiva da escena.

CONTIDOS E METODOLOXÍA
O obradoiro formúlase como unha secuencia de catro sesións nas que se propoñen exercicios
específicos baseados en diferentes motivos —transeúntes, arquitecturas, vehículos, etc.— ou en
condicións de realización da obra (restricións temporais e/ou espaciais, indicacións respecto aos
útiles, interacción coa contorna, etc.). Estes exercicios están baseados na propia práctica de
Ignacio Pérez-Jofre de pintar e debuxar no espazo urbano, e nútrense tamén das súas experiencias
e observacións como profesor de pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Cada sesión
de traballo práctico na rúa estará precedida dunha breve introdución e seguida dunha posta en
común do realizado, que terán lugar nunha sala-taller do MARCO.

Día 1 (martes 11 de xuño)
– Sesión introdutoria a cargo de Ignacio Pérez-Jofre, sobre o sentido do debuxo do natural na actualidade
e os aspectos fundamentais do traballo na rúa
– Traballo práctico na rúa con propostas de exercicios específicos
– Posta en común
Días 2, 3 e 4 (mércores 12, xoves 13 e venres 14 de xuño)
– Breve introdución
– Traballo práctico na rúa con propostas de exercicios específicos
– Posta en común

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
FUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Príncipe 54. 36202 Vigo, Pontevedra. Tel: +34 986 113900. Fax +34 986 11 39 01 info@marcovigo.com http://www.marcovigo.com

CONVOCATORIA

SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

As persoas interesadas deberán enviar a súa ficha de solicitude de inscrición (que se achega),
como data límite o xoves 6 de xuño
.A solicitude de inscrición irá acompañada da seguinte documentación:
– Breve texto de motivación para facer o obradoiro (6/8 liñas)
– Presentación/dossier con imaxes de obra relacionada cos contidos do obradoiro

En función do número de solicitudes recibidas, o director do obradoiro fará unha selección tendo
en conta a adecuación de cada participante aos contidos e obxectivos do mesmo.

MATERIAIS E NECESIDADES TÉCNICAS
Cada participante deberá achegar os útiles trazadores (lapis, bolígrafo, rotulador, pluma, barras,
etc.) que sexan máis convenientes para o seu traballo. No taller terán á súa disposición cadernos
de debuxo, e outros útiles que poidan necesitar, ademais dos medios técnicos necesarios para o
desenvolvemento das sesións.

NOTA BIOGRÁFICA
Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965)

Doutor en Belas Artes. Profesor Titular na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo.

Últimas exposicións individuais: Cuadros de flores, galería Trinta, Santiago de Compostela (2013), Tierra,
humo, polvo, sombra, nada, galería PM8, Vigo (2011), Diario, CAI de Zaragoza (2009), La ciudad y los
árboles, galería May Moré, Madrid (2008), Las afueras, Espacio BCA, A Coruña (2008), El cielo sobre
Vigo, galería Bacelos, Vigo (2007).

Participou en numerosas colectivas, tales como O bosquexo do mundo, MARCO, Vigo (2013), Radiador.
Nova figuración en Galicia, Fundación Laxeiro, Vigo (2012), Premi Ciutat de Palma de Artes Plastiques en
el Casal Solleric, Palma de Mallorca (2010), Rexistros abertos, Museo Provincial de Lugo (2009),
Afinidades selectivas, Casa Galega da Cultura, Vigo (2008), X Bienal Fenosa, MACUF, A Coruña (2008),
Novas Peregrinacións, CGAC, Santiago (2007).

Comisariou, entre outros proxectos, a exposición Pintura mutante no MARCO de Vigo (2006) e Os pasos
perdidos na Fundación Laxeiro (2010).

Publicou os libros Huellas y sombras (Edicións do Castro, A Coruña, 2002), y Esto lo hace cualquiera
(ed.) (Deputación de Pontevedra, 2004).

Impartiu talleres e cursos no MARCO de Vigo, o CGAC de Santiago, o EACC de Castellón e o Colexio de
Arquitectos de Lugo, entre outras institucións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: