O CCVV e a Universidade de Vigo asinan un convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas na área técnica do organismo

·                    descarga (2)  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, e o director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, Fernando Carrera, presentaron hoxe un convenio de colaboración entre as dúas entidades.

·                     O obxecto deste convenio é regular un programa de prácticas académicas externas entre os universitarios para facilitar a preparación do seu exercicio profesional.

·                     Poderán realizar estas prácticas externas non remuneradas os alumnos matriculados no Máster Universitario nas Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural e Inmoble da Universidade de Vigo e que no apartado práctico se imparte dende a Escola Superior.

Vigo, 29 de maio de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, e o director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, Fernando Carrera, presentaron hoxe un convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas nas instalacións do organismo por parte dos estudantes do Máster Universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural e Inmoble da Universidade de Vigo.

Bravo Bosch explicou que o obxecto deste convenio é regular un programa de prácticas académicas externas entre o CCVV e a Universidade de Vigo para facilitar a preparación para o exercicio profesional dos estudantes nas áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as súas posibles saídas laborais. Así, promoverase o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado do traballo das futuras persoas tituladas universitarias.

Poderán realizar estas prácticas externas os alumnos matriculados en dito máster que no apartado práctico se imparte dende a Escola Superior. Os estudantes contarán cunha persoa titora da entidade colaboradora –no caso do CCVV será a súa arquitecta, Nuria Campos-, así coma outra por parte do centro universitario. Ao finalizar as prácticas non remuneradas, os estudantes recibirán un certificado conforme a súa realización.

Entre as actividades que realizarán os alumnos participantes se atopan visitas as distintas obras nas que opera o CCVV, traballar nos proxectos de rehabilitación en marcha e os futuros ademais de estar completamente integrados no día a día da oficina do organismo na Praza da Princesa.

Froito do convenio asinado, e que ten unha duración dun ano, crearase unha comisión paritaria de seguimento integrada polo vicerreitor de Transferencia do Coñecemento e un representante do CCVV para garantir o desenvolvemento normal dos compromisos adquiridos.

Os estudantes que xa están facendo prácticas coñecerán de primeira man o traballo habitual da oficina do CCVV –participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello-, sobre todo, no que ten que ver coa área de rehabilitación e recuperación arquitectónica do barrio histórico que segue liderando o organismo dende a súa creación no ano 2005.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: