Traballo e Benestar Xunta de Galicia

UN OBRADOIRO DE BENESTAR ENSINA AOS MAIORES DE 50 ANOS DE VIGO A PREVIR DANOS MÚSCULO-ESQUELÉTICOS

  • O obxectivo desta programación é dar a coñecer as causas da dor de costas e ensinar hábitos de vida saudable que axuden a resolver ou previr a súa aparición, mediante accións de fisioterapia, hixiene postural e ergonomía
  • Nos obradoiros efectuaranse exercicios posturais dun xeito eminentemente práctico e participativo para o que se require ir con roupa cómoda que facilite a súa execución
  • Estes cursos terán lugar, ademais de en Vigo, na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Santiago ata o 31 de maio.
  • BENESTAR OFERTA 160 PRAZAS PARA CAMPAMENTOS DIRIXIDOS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE TERÁN LUGAR NOS MESES DE XULLO E AGOSTO
    • O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o próximo 15 de xuño
    • Resérvanse 130 prazas dirixidas a persoas con maior necesidade de apoio e 30 para as que teñan unha maior autonomía

    Santiago, 29 de maio de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar ofertará este verán un total de 160 prazas en campamentos para persoas con discapacidade que conten entre 9 e 40 anos de idade.

    En concreto, resérvanse 130 prazas para quendas específicas, é dicir, dirixidas a persoas con maior necesidade de apoio e outras 30 para campamentos de integración nas que poderán tomar parte persoas cunha maior autonomía. Neste caso, as persoas que formen parte desta iniciativa participarán nas quendas de campamentos que convoca a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O prazo para presentar a solicitude xa está aberto e rematará o próximo 15 de xuño.

    Por unha banda, as quendas de integración terán lugar no mes de xullo e e primeira quincena de agosto para persoas con discapacidade de entre 9 e 15 anos. Os campamentos celebraranse en Bergondo, Melide, Boiro, preto de Ribadeo, Palas de Rei e Forcarei.

    Os campamentos específicos desenvolveranse no mes de agosto e están dirixidos a persoas de entre 11 e 40 anos.  En concreto, convócanse dous tipos de programas: un realizarase en tres quendas diferentes na instalación xuvenil de Gandarío e outro nas instalacións de Pontemaril (Forcarei) entre o 1 e 8 de agosto, e entre o 9 e o 16 do mesmo mes.

    Con respecto aos prezos, é preciso lembrar que sobre o estipulado para cada tipo de campamento haberá un desconto do 50 por cento no caso de que a persoa con discapacidade teña a condición de familia numerosa e do 25 por cento se ten o carné xove.

    Toda a información sobre esta actividade que organiza a Secretaría Xeral de Política Social, a través da Consellería de Traballo e Benestar, pódese consultar na páxina web http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-verán. Nesta dirección está dispoñible o folleto con todos os datos do programa (as quendas ofertadas, as idades ás que se dirixe cada unha e os prezos de cada unha delas); o modelo de solicitude e de certificado médico que se deberán presentar cumprimentados; e, por último, información sobre as instalacións nas que se desenvolverá cada campamento.

  • XUNTA E FEGAMP COLABORAN PARA INCORPORAR MÁIS DESCONTOS DO CARNÉ XOVE NOS SERVIZOS MUNICIPAIS QUE BENEFICIARÁN A MÁIS DE 56.000 PERSOAS
    • descarga (1)  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), José Manuel Rey, asinaron hoxe un convenio neste sentido
    • O obxectivo desta cooperación é promover a adhesión de entidades locais ao carné xove e fomentar a difusión deste programa entre a mocidade
    • Os titulares desta tarxeta poden obter descontos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e tamén a nivel europeo.
    • MATO REUNIRASE EN BRUXELAS CO COMISARIO EUROPEO DE EMPREGO, LÁSZLÓ ANDOR, E COA SUA HOMÓLOGA DE XUVENTUDE, ANDROULLA VASSILIOU
      • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentaralle mañá a László Andor as liñas principais do seu departamento en materia de emprego e política social
      • Na xuntanza avaliarán novos proxectos de colaboración a nivel europeo
      • A reunión coa comisaria Vassilou inscríbese no marco da celebración da Semana europea da Xuventude, na que está presente a Dirección Xeral de Xuventude como embaixadora española da mocidade

      Santiago, 29 de maio de 2013.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reunirase mañá en Bruxelas co comisario europeo de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, László Andor, un encontro no que se porán sobre a mesa as principais liñas que está a desenvolver o Goberno galego en materia laboral, de inclusión social, e de envellecemento activo, entre outros asuntos.

      Ademais, avaliarán a posibilidade de abrir novas vías de colaboración e novos proxectos de emprego financiados pola Unión Europea. Tamén se abordará a situación de sectores estratéxicos da economía galega, como o naval, para os que se solicitará apoio.

      Neste capítulo, un dos principais eixos do encontro con Lázsló será o emprego xuvenil, como unha das principais prioridades do Goberno galego e tamén do conxunto da Unión Europe, un eido no que se prevé poder poñer en marcha programas financiados pola UE.

      Na orde do día desta reunión porase especial énfase nos distintos programas de envellecemento activo, prevención da dependencia e fomento da autonomía persoal, aspectos claves para Galicia ante os seus datos demográficos. Neste punto, Mato informará do proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que debe presentarse este verán e da constitución da Agrupación KIC Gallaecia co obxecto de desenvolver unha candidatura para liderar a KIC (Knowledge and Innovation Community) promovida polo European Institute of Innovation and Technology (EIT) no ámbito da saúde e o envellecemento a partir de 2014.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: