Comeza un novo ciclo de ‘Música nos Tilos’ con AcadaCanto

descarga (1)  Co obxectivo de “ofertar unha programación musical de calidade” dá comezo unha nova edición do ciclo de ‘Música nos Tilos’. Así, o vindeiro venres día 7 de xuño chega AcadaCanto coas voces e instrumentos de Guadi Galego, Xabier Díaz, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández. Será ás 22:30 na Biblioteca dos Tilos e con entrada de balde.

Ano a ano e desde fai catro, o Concello de Teo programa cada mes de xuño unhas “propostas íntimas e de calidade”, con pequenas e medianas formacións pero de calidade, para que o público dos Tilos e quen se queira achegar ata a Biblioteca poida desfrutar dun concerto “como se estivese no salón da súa casa, xa que se crea un espacio íntimo e cercano”, din desde Imperdible Servizos Culturais, entidade organizadora. A este primeiro concerto do Ciclo de 2013, seguirao Sérgio Tannus Trio o venres 14 e a Narf o próximo día 28 de xuño.

Se ben, o vindeiro venres día sete, ás 22:30 e con entada de balde, poderemos gozar dos temas de AcadaCanto cos grandes Guadi Galego, Xabier Díaz, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández. Nos trece temas que compoñen este traballo atopamos algúns de autoría propia, outros de corte tradicional e de literatura de autor: Xosé María Álvarez Bálquez, Carlos Rivero Troncoso, Victor Ramil e unha versión dun tema de Santiago Auserón. Poesía sen artificios.

O proxecto ACadaCanto

ACadaCanto é o proxecto que deu en xuntar a catro grandes da música galega: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, despois de ter coincidido entre eles en varios proxectos. Participaron en  Nordestinas,  Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza e outros.

Guillerme e Xabier son membros de Berrogüetto, grupo no que anteriormente cantaba Guadi; Xabier contou con Xosé Lois e con Guillerme no seu “Músicas de Salitre”; Guadi e Guillerme son “Espido” e Xabier e Guillerme publicaron xuntos “Arrolos de Salitre”. En aCadaCanto conflúen todos os traballos anteriores no seu primeiro proxecto común.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: