SEGUNDAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DO VIÑO DE MONTERREI

Durante este fin de semana, 01 e 02 de xuño, a Ruta do Viño de Monterrei, en colaboración con Turgalicia e a Oficina de información turística do Concello de Verín, organiza a segunda edición das Xornadas de Portas Abertas na que participasen sete adegas, que ofrecerán unha visita guiada polas súas instalacións acompañada dunha degustación de viño de Monterrei totalmente gratuíta.

         Tamén forman parte desta iniciativa tres restaurantes que ofrecerán un menú especial de primeiro e segundo prato regados con viños da denominación de orixe Monterrei cun prezo final de 25 euros e de 12 euros para os menores de 10 anos. As adegas participantes na iniciativa son:Abeledos, Chicheno, Crego e Monaguillo, Ladairo, Quinta do Buble, Vinos Lara y Gargalo; mentres que os restaurantes son Brasil, Lugano e Mesón O Candil.  Ademais, realizaranse ofertas especiais nos establecementos de turismo rural A Cortiña e O Retiro do Conde, así como no Parador de Turismo de Verín.

         As segundas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Monterrei tamén actividades como exposicións na Casa do Escudo de Verín (mostra de pintura ‘Cadros Líquidos’ de João A. Rebelo con obras relacionadas co mundo do viño e da vendima, e a exposición fotográfica ‘As Cores de Monterrei’, pertencentes ao concurso organizado pola Ruta do Viño Monterrei), rutas a cabalo e con coche de cabalos, visitas guiadas gratuítas ao castelo de Monterrei, ruta polos lagares rupestres da comarca de Verín e concerto musical a cargo de ‘Banda Crebinsky’ no castelo de Monterrei (sábado 01 de xuño, ás 20 horas, con entrada libre ata completar aforo).

         A Ruta do Vino Monterrei encóntrase situada no sueste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estruturados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. Nesta bisbarra encontraremos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe con Portugal, na que a historia fronteiriza nos deixa como legado a impresionante fortaleza de Monterrei. Máis información das segundas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Monterrei no teléfono 616-847889 e correo electrónico info@rutadelvinomonterrei.com; así como na Oficina de Turismo do Concello de Verín (988-411614 ou en turismo@verin.net).

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: