Archivo | junio 1, 2013

Concello de Vigo


O alcalde eloxia a boa marcha do proxecto de instalación de ascensores en 11 edificios de Coia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe venres un dos edificiós que ven de estrenar ascensor, asi como outro que está a piques de ser rematado, na Avenida Castelao. Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o rexedor interesouse pola boa marcha dun proxecto que afecta a 74 edificios deste barrio e que facilitará a mobilidade a uns 1.500 veciños.

 


O Concello pon en funcionamento a fonte de As Travesas logo de impermeabilizala

O alcalde presenciou hoxe venres a posta en funcionamento da fonte de As Travesas que levaba parada desde finais do ano pasado. Os “complicados” traballos de impermeabilización ascenderon a 12.000 euros, segundo o rexedor.

 


O Concello viste de celeste monumentos da cidade para apoiar ao Real Club Celta de Vigo

Abel Caballero indicou este venres que os monumentos do Sireno, dos redeiros da Gran Vía e os cabalos da Praza de España presentan camisetas e bufandas do Real Club Celta de Vigo para apoiar aos celestes na consecución do obxectivo de manterse na Primeira División e como un “aceno” á afición.

 

O goberno local licita a obra de derrubamento do antigo Restaurante El Castillo

Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local acordou este venres aprobar o expediente de contratación das obras de derrubamento do edificio do antigo Restaurante El Castillo, polo que autoriza un gasto de 240.000 euros. O obxectivo do Concello é liberar e revalorizar a muralla do Castro.

 

Caballero anuncia o inicio da tramitación urxente da rehabilitación do antigo chalé Mirambell

O goberno local declarou este venres a urxencia na tramitación do expediente de contratación dos traballos para rehabilitar o chalé como centro de recepeción de visitantes ao xacemento arqueolóxico de Toralla. O Concello agarda ao tempo o ditame da Xunta de Galicia sobre os restos romanos alí atopados.

 

O Concello autoriza a ampliación das instalacións da automobilística Denso en Valladares

A Xerencia municipal de Urbanismo celebrada hoxe venres tomou coñecemento da licencia concedida á empresa filial de Toyota para ampliar as súas instalacións no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, onde emprega a unhas 220 persoas. Urbanismo tamén concedeu 19.600 euros de axudas á rehabilitación de 19 vivendas nos Casco Vello.

O BNG PROPÓN DESTINAR A POLÍTICA SOCIAL OS 500.000€, QUE O CONCELLO DE TUI REGALA AOS BANCOS.

bngO BNG de Tui rexeita enerxicamente os orzamentos municipais presentados polo Partido Popular ao estar ditados polos grandes poderes financeiros e ser inservibles para a cidadanía.

Estes orzamentos confirman que a situación económica que estamos a padecer non é unha crise, é un roubo. Durante o ano 2012 o Concello de Tui prestou servizos por un importe de 8 millóns de euros e os veciños e veciñas pagamos por eses servizos, cos nosos impostos, 10 millóns. Ao mesmo tempo realizouse unha cancelación anticipada de préstamo nefasta xa que financeiramente era mellor opción non amortizar. Así, pola ineptitude do grupo de governo, o único que gañou foi o banco.

Este ano preténdese ir aínda máis aló, increméntanse os impostos e redúcese o orzamento en varios millóns de euros. Se no ano 2012 o Concello lles cobrou os veciños dous millóns de euros máis do que custaron os servizos, este ano o beneficio para a banca será aínda maior. E seguindo estritamente a política ao servizo do capital financeiro o goberno municipal tamén levará a cabo unha amortización anticipada de débeda desaconsellada polas matemáticas financeiras.

 

O BNG acredita noutro modelo de sociedade e é por iso se opón a estes orzamentos para frear esta perigosa deriva ideolóxica. Neste sentido, solicitamos que o Concello deixe de rescatar aos bancos e comece a axudar as persoas destinando 500.000€ dos orzamentos a política social como  axuda a domicilio a dependentes ou de luita contra a pobreza e exclusión, agravada pola crise económica.

O BNG na Guarda denuncia o lamentábel estado do cableado da rúa Brasilino Álvarez

O BNG solicita que se inicie un plan de mellora das liñas en todo o concello”

A Guarda, 31 maio 13. O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no concello da Guarda denunciando o estado da rúa Brasilino Álvarez.

Para o BNG o cableado desta rúa dista moito de cumprir as mínimas medidas de seguridade, existen puntos onde os cabos que están a pouco menos de dous metros de altura. Ademais, hai que engadir que os postes que sosteñen as liñas están colocados no medio das beirarrúas ocupando vía pública, impedindo o paso de persoas e dificultando o tránsito con carriños. Todo isto da unha imaxe terceiromundista da Guarda, que ten nun dos seus motores económicos o turismo.

O BNG acusa ao Goberno municipal do PSOE de neglixencia e desinterese. Dende o BNG xa non é a primeira vez que se advirte das deficiencias no cableado da rúa Brasilino álvarez, así como noutras zonas do concello.

Non se pode presumir de concello turístico cando unha das rúas céntricas da Guarda parece máis dos anos 40 que do século XXI”, manifestou Xan Lois Lomba, portavoz do BNG.

O BNG insta ao Alcalde da Guarda a tomar as medidas oportunas para a mellora do estado do cableado da rúa Brasilino Álvarez. Ademáis da realización dun plan de mellora de todas aquelas liñas que non cumpran os mínimos de seguridade e decorono concello.

O BNG demanda ao goberno local que siga atendendo as demandas veciñais de Teis para mellorar os servizos

descarga (2)  Vigo, 30 de maio de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, valorou positivamente que a humanización da rúa Enrique Lorenzo, inaugurada hoxe, fose realizada atendendo as demandas da veciñanza de Teis barrio, “aínda que finalizada con retraso”. Veloso asegurou que grazas ás achegas dos representantes veciñais o resultado mellorou “notablemente”, polo que instou ao goberno local a seguir “atendendo as demandas veciñais” e estender este modelo ao resto das parroquias da cidade.

“É imprescindible escoitar á cidadanía antes de acometer ningún proxecto de humanización e escoitar as demandas reais”, defendeu a portavoz municipal nacionalista, quen afirmou que na humanización de Enrique Lorenzo se solventaron moitos problemas “grazas á intervención veciñal”.

Nesta liña, Iolanda Veloso salientou que as humanizacións “non son unha mera cuestión estética”, co único fin de “lavar a cara”, senón que deben ser o instrumento “para solucionar problemas reais”, como roturas, afundimento de rúas ou mellora do saneamento.

“O BNG agarda que co arreglo de Enrique Lorenzo no remate a solución aos problemas de Teis que aínda siguen existindo, senón o inicio das actuacións urxentes que precisa o barrio”, manifestou a nacionalista, para quen é imprescindible que o goberno local teña un contacto fluído cos representantes veciñais dos diversos barrios e parroquias vigueses

Xira galega de Xoán Curiel e Joseba Gotzon este mes de xuño

descarga  Os cantores galego Xoán Curiel e basco Joseba Gotzon comezan unha xira por varias localidades galegas nos próximos días na que darán conta dun novo proxecto musical. A posta en común de cadanseu estilo poderá verse en Compostela, Pontevedra e A Coruña.

O cantautor galego Xoán Curiel e o basco Joseba Gotzon presentan a dúo as súas cancións cun repertorio conxunto por varias localidades galegas durante os primeiros días do mes de xuño.  Ambos os dous artistas coincidiron en Bilbao na gravación do disco en directo ‘Marrodan Kantazten’, no Teatro dos Campos Elíseos, e comezou unha colaboración que os levou a dar nesta xira galega, entre outros proxectos. Leer Más…

600 vigueses apoyarán a Camerún en una fiesta solidaria de la ONG Pozos de Agua Mayo Rey

La ONG celebra su 2º Guateque Solidario con el que recaudar fondos para la construcción de pozos

600 VIGUESES APOYARÁN A CAMERÚN EN UNA FIESTA SOLIDARIA
DE LA ONG POZOS DE AGUA MAYO REY

Vigo, 30 de mayo de 2013.- La ONG Pozos de Agua Mayo Rey celebrará mañana, viernes 31 de mayo a
las 22:00 horas, una fiesta solidaria en las instalaciones del Real Club Náutico de Vigo.

El evento, que tendrá como tema central la celebración de una fiesta de los años 60, es el segundo
Guateque Solidario que organiza la ONG y está previsto que congregue a unas 600 personas. La fiesta
contará además con la actuación del grupo vigués “Club Naval” y con la música de Dj Félix en directo.

Este evento, se enmarca dentro de la campaña solidaria “Pon tu gota” de la ONG que a través de todas
sus iniciativas solidarias ha conseguido construir ya 23 pozos que dan acceso a agua potable a 325.000
cameruneses.

 

Compromiso por Galicia considera “demencial” o proxecto de centro comercial “Porto Cabral” no ámbito de Liñeiriños

 

         “Este macroproxecto é antieconómico e unha coitelada mortal ao sector do comercio da nosa cidade” afirma o seu responsábel local.

 

A Executiva local do partido Compromiso por Galicia, decidiu posicionarse en contra do que consideran “un atentado económico e social contra Vigo e a súa comarca”. A organización galeguista sostén que “carece de rendibilidade de calquera tipo: nin social, nin laboral, nin económica nin fiscal.”

 

CxG onsidera que os tres mil postos de traballo que se pretenden crear serán, sempre, en detrimento dos xa existentes, para o cal se remiten aos diversos estudos de impacto que se están a presentar nestes días. “Anque non houbera tales análises, a lóxica dinos que o pequeno comercio local verase afectado moi negativamente, ao restarlle boa parte da súa clientela. Centos de pequenos negocios a medio prazo botarían o peche, e aos seus empregados”. Sosteñen os galeguistas que é “unha idea demencial crer que van nacer os clientes do aire nunha época de recesión como a  actual. Os centros comerciais xa existentes en Vigo rozan o peche no límite da súa viabilidade, e o que hoxe parece unha oportunidade mañá será unha lousa fiscal e social, ao reducir a actividade económica do pequeno e mediano conmercio, sostedor do maior número de empregos”. Lembran que, neste momento, están en construcción outros dous centros comerciais e de ocio, un no Calvario, e outro na nova estación do AVE. “Sinxelamente, non hai para todos. O caso de Coruña é moi sintomático e deberíamos tomar nota do fracaso dese modelo. A apertura deste centro significará a perda de investimentos e empregos creados cos centros e comercios xa existentes”.

 

Para os galeguistas, a actuación de Liñeiriños debe pasar por aproveitar o Plan Xeral noutro tipo de usos. Así, consideran que sería “moito mellor económicamente falando, dadas as dificultades para instalar industrias na cidade, que se volvera pensar na instalación de chan industrial, tendo en conta o mala distribución e accesos dos actuais polígonos industriais da cidade”. Consideran que a creación dunha bolsa de chan para industria de baixa intensidade, industrias do transporte e pouco contaminantes, serviría de alivio á economía e ao emprego de Vigo e comarca.

 

DEPUTACIÓN E UNIPUBLIC APOSTAN POR CONVERTER A VOLTA A ESPAÑA NUN GRAN EVENTO SOCIAL, ADEMAIS DE DEPORTIVO

  • descarga  Celebrarase o 23 de agosto, con saída desde o mesmo punto que a saída da Volta, en Vilanova de Arousa, e chegada no Mirador de Monte Lobeira
  • O percorrido, de 127 quilómetros e con 3 portos de montaña, culminará cunha gran festa popular
  • O obxectivo é abrir a Volta “non só aos que ven ciclismo, senón tamén aos que fan ciclismo”
  • A inscrición poderá facerse por internet en http://www.etapadelavuelta.com Leer Más…

Círculo de Empresarios de Galicia pide que las reformas en Justicia garanticen la seguridad jurídica

·        Rechaza medidas que supongan el alejamiento entre administración y administrados

Vigo, 30 de mayo de 2013.- Las reformas que se están propugnando en materia de justicia en España deben tender a garantizar la agilización de la justicia y, con ello, de la seguridad jurídica, y a evitar el alejamiento entre administración y administrados. Esta es la postura que desde hace años viene defendiendo el Círculo de Empresarios de Galicia, que considera excesivamente confusos los avances publicados sobre la reforma de la Ley Orgánica del Poder Judicial y de Ley de Demarcación y Planta Judicial. Confusión que, lamentablemente, no ha contribuido a despejar el ministro de Justicia en sus últimas comparecencias.

Círculo comparte la idea de superar criterios territoriales decimonónicos, pero considera necesaria una exposición abierta y clara sobre los nuevos criterios a aplicar. En este sentido, y como es sabido, Círculo de Empresarios de Galicia es partidario de una reducción del aparato administrativo, con el fin de eliminar, en general, las duplicidades en competencias, pero entiende que ello no debe conllevar el alejamiento entre administración y administrados. 

 

La supresión de partidos judiciales- una medida cuya posible ejecución no ha sido, en nuestra opinión, totalmente descartada- está causando una gran inquietud en la sociedad civil en general, y en particular en ciudades gallegas como Santiago, Ferrol y sobre todo Vigo, cuya singularidad es bien conocida por los poderes públicos. Tanto es así que el rechazo a la supresión del partido judicial de Vigo ha propiciado la unanimidad de todos los grupos políticos que conforman la corporación municipal, una unanimidad que expresa el sentir ciudadano y, por tanto, ha de ser aplaudida por esta organización empresarial.

 

Sólo el acercamiento de la administración a los ciudadanos, junto con la dotación de recursos humanos, materiales y tecnológicos suficientes y racionales, puede contribuir a la agilización de la justicia, un elemento clave para garantizar la seguridad jurídica y básico para el desarrollo socioeconómico y para atraer la inversión empresarial tan necesaria en estos momentos.

 

 

 

 

Ana Pastor con empresarios en la CEP

descarga (4)  Ana Pastor anuncia la construcción de una

pasarela peatonal cubierta entre el aeropuerto
de Vigo e IFEVI

Madrid, 31 de mayo de 2013 (Ministerio de Fomento)

La ministra de Fomento, Ana Pastor, se ha reunido hoy en Pontevedra
con los miembros de la Confederación de Empresarios de Pontevedra
(CEP), que preside José Manuel Fernández Alvariño.

Durante el encuentro se ha analizado la marcha de algunos proyectos
clave tanto para Pontevedra como para Galicia, relacionados con el
ferrocarril, las carreteras, los puertos y los aeropuertos.

Así, la ministra ha anunciado la construcción de una pasarela peatonal
cubierta para facilitar el tránsito entre el aeropuerto (y su aparcamiento)
y el Instituto Ferial de Vigo (IFEVI), una obra que va a financiar y
ejecutar AENA y cuyas obras se licitarán este mes de junio por un
importe de 1,6 millones de euros.

De esta manera, se podrá usar el aparcamiento del aeropuerto para la
feria IFEVI, lo que supone un ejemplo de aprovechamiento de
infraestructuras.

Por otro lado, la ministra ha destacado el acuerdo alcanzado en la
pasada Cumbre hispano portuguesa del pasado 13 de mayo por el que
se implantará el primer servicio ferroviario internacional directo y diario,
en ambos sentidos, entre Oporto y Vigo.

Además, les ha trasladado el progreso de las obras del AVE a Galicia y
el compromiso del Gobierno con este proyecto, que, como ha
recordado, se está cumpliendo no con meras declaraciones, sino con
hechos, a través del BOE y con dotaciones presupuestarias.

OFICINA DE INFORMACIÓN
La titular de Fomento ha resaltado asimismo que continúan los trabajos
para completar en 2014 el Eje Atlántico ferroviario, lo que permitirá
llegar desde Santiago a Vigo, pasando por Pontevedra.

La ministra ha destacado el Convenio suscrito entre la Administración
General del Estado y Audasa por el que se acordó la bonificación por
uso habitual a los vehículos ligeros que utilicen el telepeaje en los
tramos comprendidos entre Pontevedra y Vigo de la AP 9.

En cuanto a la interoperabilidad de los sistemas de telepeaje entre
Portugal y España, asunto abordado también en la pasada Cumbre
hispano portuguesa, Ana Pastor ha apuntado que, desde el pasado 9
de mayo, los dispositivos de los emisores españoles que participaron
en la prueba piloto, Novagalicia Banco y Ressa, funcionan en todas las
concesiones de Portugal.

Por último, durante la reunión mantenida hoy se abordó el proceso de
constitución del Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia y la
situación de los puertos gallegos.