A XUNTA DESTINA 130.000 EUROS A 7 CONCELLOS DA ÁREA TERRITORIAL DE VIGO INCLUÍDOS NA REDE NATURA PARA A RECUPERACIÓN E CONSERVACIÓN DOS SEUS ESPAZOS NATURAIS

  • descarga A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o municipio de Redondela para comunicar esta resolución.
  • Os concellos que reciben estas subvencións teñen que ter toda ou parte da súa superficie na Rede Natura 2000, na súa condición de entidades xestoras destas terras.
  • Entre as actuacións subvencionadas están a restauración de camiños, a limpeza da marxe de ríos ou a preservación da vexetación, entre outros.
  • Os concellos beneficiarios da área de Vigo son Baiona, Cangas, Nigrán, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Salvaterra do Miño.

Vigo, 03 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita ao concello de Redondela para informar ao seu alcalde, Javier Bas, da subvención que recibirá ao abeiro das axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000.

No ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, son un total de 7 concellos os que recibirán unha partida económica de case 130.000 euros (129.398,40 euros) para a recuperación e conservación dos seus espazos naturais. Baiona, Cangas, Nigrán, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Salvaterra do Miño son os municipios situados na  Rede Natura que terán estas subvencións e que abranguen en total preto de 1.200 hectáreas de superficie da Rede Natura.

Estas axudas veñen a ratificar o compromiso da Xunta “coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais de Galicia”, valorou Bravo Bosch.

No caso de Redondela, a delegada da Xunta comunicoulle ao rexedor que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de emitir a resolución de aprobación dunha subvención de 17.990 euros para a preservación da vexetación da ribeira de Soutoxuste.

Os concellos beneficiarios destas achegas teñen que ter toda ou parte da súa superficie na Rede Natura 2000, na súa condición de entidades xestoras destas terras. As actuacións subvencionadas, segundo explicou a delegada territorial, están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia.

Actuacións subvencionadas

As axudas están destinadas a tarefas de mellora da paisaxe, como a limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos; a manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.

Así, no resto dos concellos da área territorial pertencentes á Rede Natura 2000 as axudas se distribúen do seguinte modo:

CONCELLO ACTUACIÓN SUBVENCIÓN/€
Baiona Restauración de camiños de acceso aos predios e sinalización 20.000 euros
Cangas Sinalización de roteiros en Cabo Home 19.987,50 euros
Nigrán Senda litoral na península de Monteferro 11.850 euros
Porriño, o Acondicionamento de camiño en As Gándaras 19.570,90 euros
Salvaterra do Miño Conservación e limpeza marxes do Miño e Tea 20.000 euros
Soutomaior Mellora e drenaxe do borde litoral en Arcade-Soutomaior 20.000 euros

 

A Rede Natura é, ademais dun instrumento de conservación do medio natural, un referente de sustentabilidade que brinda a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que una xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando o potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: