Concello de Vigo


O alcalde chama á cidadanía a participar nunha “gran concentración” en defensa do aeroporto

O próximo mércores 19 de xuño todo Vigo está emprazado a participar nunha concentración en defensa do aeroporto de Vigo organizada á partir das 20,30 horas na Porta do Sol. Así o anunciou hoxe luns Abel Caballero, quen engadiu que Peinador “é un elemento central do futuro de Vigo”.

 


O alcalde recibe as chaves do Pazo Raposeira que se adicará a fins sociais ou culturais

O Concello de Vigo xa ten as chaves do Pazo Rapeira que, pasa deste xeito a ser patrimonio municipal. O alcalde apuntou en rolda de prensa que esta edificación data do século XVII e está ubicado en San Pedro de Sárdoma.

 


Caballero recibe con “satisfacción” a posta en marcha da Asociación Antidesafiuzamentos Vigo

O alcalde ofrece “toda a cooperación municipal posible” aos responsables da recién creada Asociación Antidesafiuzamentos Vigo porque “votábamos de menos un colectivo así na cidade” que nace para apoiar a todas as persoas vítimas dun alzamento da súa vivenda.

 


O nivel de concienciación ambiental da cidadanía viguesa duplicouse desde o 2007

Abel Caballero e Luis Espada presentaron hoxe luns o novo traballo do Valedor do Cidadá, titulado “Hábitos de Consumo. Perspectiva comparada e estudo específico no municipio de Vigo”. Hai seis anos, o nivel de concienciación ambiental era do 33,1% polo 65,8% actual, sendo superior o incremento nas mulleres que nos homes.

 


Caballero anima ao persoal da administración a participar no programa “Vacacións con Traballo”

O alcalde, Abel Caballero, participou este luns na rolda de presentación da oitava edición desta iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, representado polo seu secretario, Daniel González. A proposta procura un intercambio de coñecementos con Cabo Verde e Nicaragua. Vigo é o concello que máis cartos achega ao Fondo.

 

Ampliacion de horarios de Biblioteca Central

A Bilioteca Pública Central de Vigo (R/ Joaquín Yáñez 6), co obxecto de facilitar o estudo e o uso das instalacións públicas, ampliará o horario de apertura da súa Sala de Lectura desde venres 7 ao domingo 30 de xuño, ambos inclusive.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: