O BNG manifesta a súa solidaridade coa Plataforma de Afectados pola Preferentes que hoxe foron desaloxadas do Concello do Rosal

descarga (1)  Unha vez máis o Partido Popular demostra a súa falla de compromiso coas persoas estafadas enviando a Garda Civil a desaloxar o Concello do Rosal onde, dende hai meses, se atopaban pechados en sinal de protesta un grupo de afectados pola estafa das participacións preferentes do actual Nova Galicia Banco.

Os métodos empregados polo alcalde do Partido Popular, ordenando irrumpir na Casa do Concello para desaloxar unha protesta pacífica dos veciños, veñen a confirmar a falla de vontade de diálogo desta formación política. Este acto ven evidenciar que o goberno do PP no Rosal defende os intereses dos banqueiros por riba dos dos seus veciños.

Resulta indigno que despois de seren estafados polo seu banco os veciños afectados teñan que ver como o seu alcalde, en lugar de apoialos, envía a policía a botalos da Casa do Concello ao tempo que o seu partido vota no congreso en contra de que recuperen a totalidade dos seus cartos”declarou Xosé Manuel Méndez – Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño.

En opinión do BNG as declaracións do Alcalde do Rosal tras o desaloxo, afirmando que o goberno municipal segue a apoiar ás persoas estafadas, supoñen un insulto á intelixencia dos veciños.

Se o apoio que o Partido Popular está disposto a brindarlle ás víctimas desta estafa consiste en enviar a Garda Civil a botalos fora do Concello máis lles valera non contar con el” afirman dende o BNG.

O Bloque Nacionalista Galego seguirá a defender o dereito das persoas estafadas a recuperar integramente o seu diñeiro e a reclamar o que en xustiza lles pertence. Para o BNG, ante un roubo como o das preferentes só cabe poñerse do lado das víctimas e non pode deixar de considerar que posicionarse do lado dos estafadores supón un exercicio inadmisíbel de complicidade cos que están a roubar os aforros dos veciños.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: