Comunicado CIG

CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL NA COMARCA DE VIGO

A confirmación da resolución final do tax lease con devolucións anticipada pola CIG, acabará co sector naval na Ría de Vigo e como consecuencia coa destrución de mais de 10 mil postos de traballo directos e probablemente 6 mil indirectos. Estas son as cifras que a día de hoxe podemos contabilizar na paralización do sector durante estes dous anos.

No período 2011, 2012 e neste ano pecharon 270 empresas relacionadas directa ou indirectamente co sector naval, sen contar co dano tanxencial que afecta a todos os sectores de servizos, nomeadamente transporte, comercio e hostalería.

Sen o sector naval esta situación é economicamente irreversible nunha comarca tan relacionada e integrada con esta industria estrutural e histórica. O desemprego, a pobreza e a emigración será o horizonte das presentes e futuras xeracións.

Europa está decidida a pechar o noso sector naval, sen que o Goberno do Estado e a Xunta fixeran nada para impedilo. Coñecían as intencións de Bruxelas e non fixeron nada para impedilo. Francia resolveu o seu problema do tax lease en apenas tres semanas cando tiña axudas fiscais maiores que as nosas.

A CIG chama as restantes organización sindicais e sociais da comarca a mobilizarse contra esta resolución para defender o noso futuro. Cremos que é o momento de dar una resposta unánime e contundente que debería pasar por una folga xeral na comarca de Vigo neste mes de xuño, chamando tamén a mobilizarse en defensa da nosa industria o día 12 deste mes na manifestación convocada pola CIG.

descarga (4)  FOLGA INDEFINIDA NO SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO EN NIGRAN ADSCRITOS A EMPRESA CESPA

Na asemblea de traballadores celebrada o luns día 3 de xuño, acordaron por unanimidade convocar FOLGA INDEFINIDA de comezo o 14 de xuño, polos seguintes motivos:

–       Despois de sete reunións de convenio colectivo, a empresa Cespa, unilateralmente modificou a xornada de traballo e as vacacións, sen contar coa parte social. En ningún momento se lle comunicou a mesa negociadora as súas intencións.

–       Con estas modificacións pretenden que o persoal traballe mais horas no verán e menos no inverno.

En canto as vacacións, impoñen gozalas en so dous meses, ou dividilas no resto do ano. Aluden que así non substituiran os postos de traballo, que se viñan cubrindo de xeito temporal. O seu convenio marca que as vacacións serán de xuño a setembro, conseguir isto foi grazas a 9 días de folga.

 

A empresa Cespa, alude problemas económicos, nas reunións que mantivemos co Alcalde de Nigrán, garantizounos que non lle deben ningún pago. Se perden cartos coa concesión, que a deixen, e sala a subasta. O Concello ten unha taxa de lixo case ao mesmo prezo que en Vigo, tendo bastantes menos habitantes.

A pretensión da empresa é de facer o servizo con menos custe para gañar mais cartos.

Dende a Federación de CIGSERVIZOSVIGO, imos apoiar aos nosos compañeiros, non consentiremos que a empresa vulnere os seus dereitos adquiridos.

LIGAZÓN: Traballadores/as galegos/as da seguridade privada escenifican en Vigo o “afogamento” do sector tras a firma do convenio estatal

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: