A DEPUTACIÓN SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN PARA AS OBRAS DE MELLORA E ENSANCHE DOS ACCESOS A CHENLO

  • As parcelas afectadas son 14, cun total de 1.107 metros cadrados

O expediente de expropiación para as obras de mellora e ensanche da estrada de acceso a Chenlo pode xa consultarse nas dependencias do Servizo de Infraestruturas da Deputación Provincial de Pontevedra por un período de quince días hábiles.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a listaxe de propietarios e bens afectados pola execución destes traballos, así como o inicio do trámite de información pública do correspondente expediente de expropiación, co obxectivo de que os afectados poidan presentar as alegacións que consideren oportunas.

Tal e como se recolle no BOP, as obras afectarán a un  total de 14 parcelas que suman 1.107 metros cadrados e os bens afectados son 26 plantas ornamentais; 32 metros lineais de bordo; 32 metros cadrados de cuberto de chapa; 5 postes de pedra; tres portais de chapa; dous muros cun total de 54,5 metros lineais; 13,5 metros lineais dun cuberto de pedra; dúas árbores madeirables; 75 metros cadrados de emparrados; e 25 cepas.

Actuación en dúas zonas

As obras suporán o ensanche da estrada EP-2404 en dúas zonas poboadas, onde a estrada presenta un ancho insuficiente e é preciso acondicionala para mellorar a seguridade viaria e a fluidez do tráfico.

A maior parte do trazado da estrada conta cun ancho suficiente, posto que se corresponde cos tramos interurbanos que xa foron acondicionados, polo que agora é preciso actuar nos treitos urbanos, para homoxeneizar a sección en toda a estrada.

Ademais das obras de ensanche procederase tamén á sinalización vertical e horizontal, e á colocación de balizamento e defensas.

O proxecto de mellora conta cun orzamento de 336.328,88 euros, dos cales 25.907,18 euros serán destinados ás expropiacións.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: