A XUNTA APOSTA POLA COOPERACIÓN ENTRE CLUSTERS PARA APROVEITAR SINERXÍAS QUE INCREMENTEN A SÚA COMPETITIVIDADE

 O director xeral de Industria, Enerxía e Minas e o director de Competitividade do Igape celebran o acordo de colaboración entre as asociacións galegas de empresas do ámbito enerxético
 O acordo permitirá reforzar o sector galego da enerxía, facilitando o traballo en común destas agrupacións en aspectos como a vixilancia tecnolóxica, a internacionalización ou a incorporación da I+D+i ás empresas
Santiago, 5 de xuño de 2013.- A Xunta de Galicia aposta pola cooperación entre os clusters galegos como a mellor forma posible para que aproveiten as súas sinerxías a través dunha colaboración transversal que lles permita acadar a excelencia na xestión. Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria traballa na consolidación de clusters sectoriais representativos e potentes, con capacidade de desenvolver proxectos intersectoriais ou mesmo internacionais.

No marco desta liña de traballo, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado polo director de Competitividade do Igape, Norberto Penedo, participou hoxe na sinatura dun acordo de colaboración entre a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), o Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e o Clúster Galego de Autoconsumo Enerxético (Agaen), amosando a seguridade de que haberá de servir como base para un traballo en común capaz de xerar sinerxías e fortalecer o sector galego da enerxía.

O acordo asinado hoxe inclúe medidas para facilitar a cooperación e o traballo en común das tres agrupacións enerxéticas en aspectos como a vixilancia tecnolóxica, a internacionalización ou a incorporación da I+D+i ás empresas e entidades representadas.
Neste sentido, Bernardo Tahoces subliñou a importancia dun acordo que permitirá dar un salto cualitativo no traballo destas agrupacións grazas a unha colaboración transversal que facilitará o aproveitamento de todo o seu potencial en beneficio do sector enerxético, en xeral, e das enerxías renovables, en particular. O fomento destas fontes, explicou, configúrase como unha das prioridades do Goberno galego, motivo polo que desde o seu departamento promóvense cada ano diferentes programas de impulso ás enerxías renovables e ao aforro e a eficiencia enerxética.
Nesta liña, a Xunta está a desenvolver unha estratexia de traballo en común cos clusters galegos para avanzar en distintos aspectos como a busca de socios para participar en proxectos europeos, a excelencia na xestión mediante formación á medida das necesidades, ou a habilitación de espazos compartidos para crear novas sinerxías mediante a potenciación da colaboración.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: