ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAM DIÚRNO DE BALNEARIOS COIDARTE

  • Máis de 26.000 persoas participaron xa neste programa, desde a súa posta en marcha en 2006
  • Os beneficiarios disfrutarán de 5 tardes no establecemento escollido
  • Os concellos que decidan adherirse terán un prazo de 15 días naturais desde a publicación da convocatoria no BOP e os particulares disporán de 20 días

Os interesados en participar no programa diúrno de balnearios Coidarte poden xa presentar as súas solicitudes vén nos concellos vén no rexistro da Deputación. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases deste programa, que ten como obxectivo que persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou coidadores de dependentes que precisan de respiro familiar poidan gocen duns días de descanso e lecer en balnearios, spa e talaso da provincia.

O programa inclúe actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e o envellecemento activo, así como a fomentar as relacións sociais.

Nesta ocasión convócanse un total de 5.528 prazas e ofertaranse cando menos catro balnearios que os beneficiarios poderán elixir en función das súas preferencias.

As bases do programa recollen que a Administración Provincial destinará para esta actividade un total de 193.500 euros, a razón de 35 euros por beneficiario. Pola súa banda, os concellos que decidan adherirse ao programa deberán subvencionar con outros 10 euros cada praza, co obxectivo de reducir ao máximo o prezo que abonen os beneficiarios.

As persoas que desexen participar neste programa e que sexan veciños ou veciñas de concellos non adheridos, poderán solicitar igualmente a súa participación directamente na Deputación, aínda que neste caso só se beneficiarán da subvención de 35 euros da Administración Provincial

26.000 beneficiarios

Desde que en 2006 se puxera en marcha este programa, son xa máis de 26.000 as persoas que participaron nel, tendo ocasión de disfrutar de 5 tardes, de luns a venres, nun balneario, talaso ou spa da provincia a prezos reducidos e contando, ademais, con transporte de ida e volta entre o seu concello de residencia e o establecemento hoteleiro elixido.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: