A XUNTA RESALTA A TRAXECTORIA DE INDALENCIO MODA NA CAMPAÑA “A SEMANA DO TEU COMERCIO”

  • O establecemento, con máis de 150 anos de historia, recibiu un diploma en recoñecemento ao traballo desempeñado
  • A campaña de Economía e Industria, que destaca o papel dos centros comerciais abertos na dinamización do comercio de proximidade, céntrase esta semana na Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas

Cangas (Pontevedra), 6 de xuño de 2013.- A campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia” resalta estes días o labor desempeñado pola Asociación de Comerciantes e Industrias de Cangas na dinamización do comercio local.

A iniciativa, que a Xunta achega aos cidadáns a través do enderezo portaldocomerciante.blogspot.com.es, ten tamén por obxectivo realzar o bo facer dos negocios locais que souberon adaptarse aos tempos, acadando a súa pervivencia a través da calidade e proximidade ao cliente. Con ese obxectivo, Economía e Industria está a recoñecer aos establecementos máis lonxevos de cada CCA.

Nesta ocasión, destácase a traxectoria Indalencio Moda, un negocio familiar que leva desde 1860 contribuíndo ao desenvolvemento deste sector na comarca e que segue a ofrecer prendas de máxima calidade. O establecemento ten recibido un diploma como recoñecemento a este importante labor.

Coa campaña “A semana do teu comercio”, a Consellería de Economía e Industria reitera o seu compromiso co comercio galego como sector clave para a reactivación económica. Ese compromiso tradúcese ademais en apoios económicos, xa que ao longo deste ano se activaron programas de axudas por 8 millóns de euros para a potenciación do comercio de proximidade, entre os que se inclúen 2,2 millóns de euros destinados ás asociacións de comerciantes para a dinamización das prazas de abastos e dos centros comerciais abertos.

A través deste programa, en fase de resolución, poténcianse dúas figuras clave para o pequeno comercio galego, apoiando a posta en marcha de actuacións coas que poderán atraer nova clientela e mellorar os servizos que ofrecen. Así, as asociacións de comerciantes poderán obter apoios para campañas de dinamización, sistemas de fidelización de clientes ou proxectos de sinalización comercial externa, ademais de axudas para o funcionamento das unidades xerenciais e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: