ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CERTAME ‘XUVENTUDE CREA’ QUE PREMIARÁ AOS MOZOS E MOZAS POLA SÚA HABILIDADE ARTÍSTICA

  • Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), no mesmo poderán participar mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2013
  • Como novidade e co obxectivo de axudar á mocidade na súa inserción laboral, o xurado estará composto por profesionais que ocupan postos de decisión en cada un dos sectores implicados no concurso
  • O prazo de participación estará aberto ata o 31 de xullo de 2013 e cada unha das especialidades contará con tres premios

Santiago, 7 de xuño de 2013.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de convocar o programa ‘Xuventude Crea’ nas especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.

Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), no mesmo poderán participar mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2013. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. Todas as obras terán que ser en galego, orixinais e inéditas.

Como novidade e co obxectivo de axudar á mocidade na súa inserción laboral, o xurado estará composto por profesionais que ocupan postos de decisión en cada un dos sectores implicados no concurso, o que permitirá aos participantes poñer as súas creacións en contacto co mundo empresarial dun xeito directo.

O prazo de participación estará aberto ata o 31 de xullo de 2013 e cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.0000 euros. As obras dos premiados quedarán en posesión da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

No ámbito musical poderán participar solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos, o mesmo que ocorre para teatro, e poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.

En canto ao relato breve, as obras deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara; mentres que para poesía o tema e a técnica serán libres. As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100.

Os participantes de videocreación só poderán presentar obras que non teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes. O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.

En canto á banda deseñada, de temática libre, a técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais. Cada obra deberá levar pseudónimo e título.

As obras de graffiti o tema e a técnica serán libres e os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.

Para os carteis a participación será a título individual. O tema do cartel será: “As redes sociais e as novas tecnoloxías”. A técnica será libre dentro dos límites usuais, para permitir unha normal reprodución fotomecánica.

Para acceder á categoría de deseño de xoias a colección estará composta por tres pezas. Xunto coa documentación o participantes presentarán unha fotografía de cada unha das tres xoias, que poderán ser tanto para home como para muller.

No apartado de moda os participantes presentarán unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas con deseño de fronte e de costas. Así mesmo, haberá que engadir unha ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: