Critica que o alcalde convoque unha mobilización contra os orzamentos que el mesmo aprobou e denuncia que o PP pida baixada de impostos ao tempo que sube o IVE e aplica o copago sanitario

descarga (5) Vigo, 6 de xuño de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, puxo de relevo as constradicións de PP e PSOE na defensa da amortización de débeda e criticou a decisión do alcalde de “dar cartos aos bancos no canto de solucionar os problemas da cidadanía”. Iolanda Veloso avanzou que o Bloque defenderá, na aprobación final desta proposta, “a mesma postura que defendeu na súa aprobación inicial”.

Iolanda Veloso defendeu a necesidade dunha modificación lexislativa para que os remanentes poidan dedicarse a investimentos e non a amortizar débeda,  polo que  sinalou que o alcalde da cidade, como vicepresidente da FEMP, podería reclamala. “Estes cartos son do concello, e por tanto de todos os vigueses e viguesas, e nós nos posicionamos radicalmente en contra da amortización da débeda”, defendeu.

Porén, a portavoz nacionalista criticou que o alcalde decida facer “o contrario do que dixo hai dous anos”, xa que “mentres sostén que aplica políticas keynesianas nalgún momento ve a luz e decide aplicar a lexislación do PP que obriga ás administracións públicas a dar liquidez aos bancos”. Segundo apuntou, Caballero “xa non se entende nin a si mesmo, xa que convoca unha mobilización contra os orzamentos aprobados por el mesmo”. Neste sentido recordou que foi o propio alcalde quen levou os orzamentos ao pleno. “Eu mesma vin como levantaba a man para aprobalos”, ironizou.

“Cada vez o alcalde é máis contraditorio consigo mesmo e non é capaz de argumentar politicamente as súas decisións”, criticou a portavoz do BNG, quen asegurou que nos últimos días aumentan os exemplos destas contradicións, “xa que cando lle preguntamos, en lugar de explicarse, insulta e di que fará o que lle dá a gana”.

 

Confrontacións

“Pero na oposición atopamos a un Partido Popular que pon condicións para aplicar as súas propias leis”, manifestou a nacionalista, quen sinalou que en Vigo defende a baixada de impostos, “algo totalmente contrario á súa política impositiva”. Puxo como exemplo que foi o propio PP quen subíu o IVE ou estableceu o copagamento sanitario, como no caso das prótesis. “Dálles igual as necesidades da cidadanía”, asegurou.

Iolanda Veloso lembrou, asemade, que o PP subíu os impostos cando gobernou en Vigo, “incluso para servizos básicos como a axuda no fogar e as escolas infantís”. Ao seu xuízo, a conclusión da actuación dos populares é que “non queren que as administracións públicas teñan cartos, senón que vaian para os bancos”, en especial nun momento tan grave como o que está atravesando a cidade.

“PP e PSOE non se preocupan de atender as necesidades da cidadanía, e se para manter esa confrontación teñen que defender posturas diferentes aquí, en Madrid e en Bruxelas, non teñen ningún problema”, denunciou a portavoz municipal do Bloque. Fronte a estas contradicións de PP e PSOE, Iolanda Veloso destacou que os mesmos argumentos que levaron ao BNG a rexeitar amortización de débeda “son os mesmos que nos levaron a aprobar as taxas municipais e presentar emendas aos orzamentos”.

Orzamentos municipais

Preguntada pola postura que manterá o BNG vigués á hora de aprobar os orzamentos municipais sinalou que “de aquí a outubro haberá que velo, segundo a proposta que presenten e se se nos aproban as nosas emendas ou non”. Iolanda Veloso destacou que o BNG ten claro que o goberno de Caballero “é un goberno en minoría”, pero que o Bloque tamén un compromiso firme do BNG en Vigo coa cidadanía, que é “impedir que goberne o PP, porque está arrasando coas súas políticas”. Neste sentido asegurou que a crise tan forte que sufre Vigo “non é casual”. Ao seu xuízo Vigo atravesa unha situación tan grave porque é un “obxectivo claro” desde Madrid e Santiago, tanto respecto aos ataques ao sector naval, o porto, o aeroporto ou cando se pretende elimar o partido xudicial.

Plan contra a crise

“Seguimos insistindo en que se convoquen xa as axudas do plan de compensación contra a crise canto antes”, salientou Iolanda Veloso en resposta aos medios sobre o retraso na convocatoria destas axudas. Lembrou que esta partida existe porque o BNG presentou a emenda aos orzamentos municipais. “Pero temos claro que se do PP dependese non existiría unha partida así”, engadíu.

“Entre que non existira este plan de compensación contra a crise e seguir reclamando que convoque as axudas preferimos esta segunda opción”, defendeu a portavoz municipal do BNG. “Temos claro que é máis urxente facer esta convocatoria de axudas que convocar unha concentración amenizada por unha orquestra”, subliñou.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: