ORTOS DE GALICIA INVISTE MÁIS DE 14.000 EUROS NA MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO SECTOR PROFESIONAL DE MEIRA, EN MOAÑA

  • descarga (8)  Reparouse a cuberta do edificio e o lucernario, pintouse o exterior do edificio, elimináronse as filtracións de auga e repúxose a beirarrúa no entorno

Santiago, 7 de xuño de 2013.-  Portos de Galicia vén de investir un total de 14.259 euros na mellora das condicións de traballo do sector profesional de Meira. O presidente do ente público, José Juan Durán, xunto cos representantes municipais e da comunidade portuaria visitaron as obras, que veñen de rematar.

A actuación executada polo organismo adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar consistiu na remodelación do edificio da lonxa, executando diversas reparacións do deterioro causado no inmoble polo normal uso das instalacións e os axentes climatolóxicos. Así, reparáronse diversos desperfectos na estrutura do inmoble, tanto a nivel interior como exterior.

En concreto, no edificio da lonxa, reparouse a cuberta da ziba de cámaras frigoríficas e do lucernario. Tamén se arranxaron os alzados exteriores do edificio e pintáronse as paredes, rexas e portalón. No interior do inmoble, reparáronse desconchóns así como as filtracións de auga na zona das cámaras de frío. Finalmente, no exterior, procedeuse á reposición dunha zona de beirarrúa no entorno da lonxa.

José Juan Durán asegurou que “con esta actuación, Portos de Galicia reforza a comodidade e as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade no peirao de Meira”. “Deste modo ponse de manifesto de novo a atención prioritaria que o ente público presta ao sector profesional que opera nos portos de titularidade autonómica, dada a súa relevancia estratéxica no conxunto de Galicia”, engadiu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: