172 PERSOAS FORMARANSE NO MANEXO DE DESFIBRILADORES NOS 9 CURSOS QUE SE CELEBRARÁN DO 10 AO 13 DE XUÑO

  • 37 concellos recibirán estes mecanismos, cos que se pretende evitar posibles mortes en lugares de afluencia masiva de público
  • Os cursos desenvolveranse en varios concellos da provincia, para facilitar a participación

Un total de 172 persoas recibirán formación sobre o manexo de desfibriladores nos 9 cursos que a Deputación de Pontevedra porá en marcha entre o 10 e o 13 de xuño.

O obxectivo destas xornadas e formar persoal para a utilización dos desfibriladores semiautomáticos externos que a Administración Provincial instalará en 80 instalacións deportivas de 37 concellos da provincia, así como no Pazo Provincial, no Centro Príncipe Felipe e no Museo, edificacións dependentes da Deputación e que adoitan ter unha importante afluencia de visitas.

A Deputación adxudicou á empresa Cardiva 2 SL o contrato para o subministro dos anteditos 80 desfibriladores semiautomáticos externos e, aínda que se trata de aparellos que reúnen as condicións necesarias para que poidan ser empregados sen ningún risco por persoas sen formación, decidiuse organizar estes cursos para que nas instalacións nas que se localicen sempre haxa alguén cuns coñecementos amplos que lle permita actuar con axilidade e sen temores.

Os lugares escollidos para o desenvolvemento da formación son o  Edificio Administrativo da Deputación; o Centro Social de Barrantes (Ribadumia); o Concello de Lalín; o Auditorio Municipal de Valga; o Multicentros Torneiros de O Porriño; o Centro Multiusos Ángel Bedriñan de Baiona; o Centro de Desenvolvemento Local de Mos; e o Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui.

O aparello que se vai instalar é dos máis avanzados do mercado e cada un deles terá un custo de 1.300 €, que será financiado ó 50% entre os concellos e a Deputación. Para maior garantía da protección da saúde nos espazos deportivos, incluiranse tamén 3 cánulas de Guedel para cada unha das instalacións.

Os concellos que se adheriron ó programa son Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cotobade, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces e a Deputación.

PLANIFICACIÓN CURSOS

Luns  10 de xuño

  • Curso 1.- Para persoal da Deputación e dos concellos de Barro, Cotobade, Poio, Ponte Caldelas e Cangas. No Edificio Administrativo  da Deputación e con 18 prazas.
  • Curso 2.- Concellos de Ribadumia, Sanxenxo, Meis, O Grove, A Illa de Arousa. No Centro Social de Barrantes, para 20 persoas

Martes  11 de xuño

  • Curso 3.- Persoal da Deputación e dos concellos deVilaboa, Marín e Moaña. Edificio Administrativo da Deputación , con 22 persoas
  • Curso 4.- Persoal de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro e Agolada. Na Casa Consistorial de Lalín, con 16 prazas
  • Curso 5.- Persoal de Valga, Catoira, Cuntis, Moraña, A Estrada. No Auditorio Municipal de Valga, con 22 prazas

Mércores 12 de xuño

  • Curso 6.- Para persoas de O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra e Arbo. No Multicentros Torneiros, de O Porriño. Con 18 persoas
  • Curso 7.- Baiona, Gondomar e Nigrán. Centro Multiusos Ángel Bedriñán de Baiona, 18 persoas.
  • Curso 8.- Mos, Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén. No Centro de Desenvolvemento Local de Mos, 20 persoas

Xoves 13 de xuño

  • Curso 9.- Tui, A Guarda, Oia e Tomiño. No Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, 18 persoas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: