ELENA MUÑOZ FONTERIZ DESTACA QUE O PREMIO ROTARY CLUB RECOÑECE O LABOR ECONÓMICO E SOCIAL DA FACTORÍA DE PSA VIGO

  • A conselleira de Facenda asistiu hoxe á entrega do Premio á Excelencia ao director de PSA Citroën Vigo
  • Este galardón ensalza a contribución de persoas e empresas ao desenvolvemento económico e social do territorio
  • Muñoz Fonteriz lembrou que a fábrica viguesa é “exemplo de implicación territorial” dende hai 55 anos, sendo unha das máis competitivas de PSA no mundo

Vigo, 7 de xuño de 2013.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, destacou hoxe que a entrega do Premio á Excelencia do Rotary Club de Vigo á factoría do Grupo PSA Citroën supón un recoñecemento do seu labor económico e social na cidade e na súa área metropolitana, ao tempo que demostran “o compromiso e a aposta que dende o primeiro día tivo PSA por Vigo, en particular, e por Galicia en xeral”.

No acto celebrado hoxe en Vigo, Muñoz Fonteriz lembrou que este premio ten como obxectivo galardonar o labor dunha persoa ou entidade que co seu traballo proporciona riqueza económica e social ao entorno no que se implanta, e afirmou que a fábrica de PSA é un “exemplo de implicación territorial” dende hai 55 anos.

En presencia do director de PSA Vigo, Juan Antonio Muñoz Codina, a conselleira de Facenda recordou que a factoría viguesa é unha das máis competitivas do grupo PSA no mundo e que, pese á situación adversa do sector, soubo sobrepoñerse e presentar un horizonte optimista cunha previsión de incrementar a súa produción neste ano. Por iso, reafirmou que a factoría seguirá contando co apoio decidido da Xunta de Galicia.

 

Así, sinalou que a factoría olívica integra o 32% do valor da mercadoría que move o Porto de Vigo e dispón de máis dun cento de provedores de compoñentes no entorno na cidade. Tamén puxo en valor que esta compañía siga “renovando o seu esforzo inversor na nosa terra dende hai décadas e convertíndose nunha das principais industrias da Comunidade”.

 

Neste sentido, destacou que Galicia é a comunidade autónoma onde máis se incrementou o Índice de Produción Industrial (IPI) no que vai de ano, un 3,7%. “Gran parte de culpa deste dato positivo teno precisamente a fábrica de PSA Citroën, pois achega unha cuarta parte deste incremento produtivo xeral”, sinalou a titular de Facenda, que reafirmou que este dato “dá idea da importancia desta factoría para esta terra”.

 

Elena Muñoz Fonteriz tamén animou a Rotary Club de Vigo a continuar desenvolvendo “o seu importante labor humanitario, educativo e cultural”. Esta entidade sen ánimo de lucro conta con máis de 31.000 clubes en máis de 160 países. 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: