O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS COMEZA AS TAREFAS DE LIMPEZA E MANTEMENTO DO SEU ENTORNO COA RETIRADA DE RESIDUOS NO ARQUIPÉLAGO DE ONS

  • cies  Voluntarios xunto a técnicos do Parque Nacional retiraron un total de catro m³ de lixo na illa de  Onza e a enseada de Fedorentos
  • A limpeza de estas reservas naturais encontranse dentro do fomento dos valores do Parque para a súa conservación
  • Estes traballos continuarán en xullo nos arquipélagos das Cíes e Cortegada

Santiago, 8 de xuño de 2013.- A Xunta de Galicia vén de executar no arquipélago de Ons unha tarefa de limpeza, que concluíu coa retirada de catro metros³ de residuos. A Consellería de Medio Ambiente, dentro do Día Mundial dos Oceanos, quere concienciar á poboación da importancia de executar este tipo de medidas de conservación, co fin de frear a acumulación de residuos que causan serios problemas nos escosisitemas mariños en xeral, e para o Parque Nacional das illas Atlánticas en particular.

Os primeiros traballos de este ano consintiron en concreto, na recollida de  desperdicios nas reservas da isla de Onza e a enseada de Fedorentos entre o que se recolleron boias, nasas, restos de plásticos e latas. Tamén se quitaron artes de pesca abandoadas, que constitúen un elemento moi perigoso pola súa capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada.

Esta tarefa de limpeza e mantemento foi executada por un grupo de voluntarios  da Federación Galega de Piragüismo e a Asociación de Kaiac de Mar, que estiveron acompañados por técnicos e persoal do Parque Nacional Maritimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A retirada do material efectuouse de forma manual co fin de no afectar aos ecosistemas naturais do entorno.

 

Ademais da mellora no estado natural do entorno que supón a retirada de estes restos, a actuación encontrase dentro do fomento dos valores do Parque Nacional; é por elo que as recollidas de residuos continuarán durante todo o verán en diferentes zonas do Parque, sendo a próxima limpeza no mes de xullo nos arquipélagos das Cíes e Cortegada.

 

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas foi a primeira area protexida de España en incorporarse ao Convenio OSPAR, que ten coma obxecto protexer o entorno marítimo do Nordeste Atlántico coa eliminación da contaminación e dos efectos negativos da actividade humana.

 

O arquipélago de Ons

O entorno do Parque Nacional está composto polos Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora y Cortegada e as augas do seu arredor, e abranga unha superficie total de 8.480 hectáreas. O arquipélago de Ons sitúase á entrada da ría de Pontevedra e está composto pola illa de Ons e a de Onza. A primeira de elas presenta menos acantilados que  as Cíes e está acompañada por pequenos illotes. Na súa cara este asíntanse algunhas vivendas, acompañadas dos seus característicos hórreos, así como os cultivos de millo e pataca, a elas ligados. Por outro lado a illa de Onza, é moito máis pequena e está deshabitada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: