Archivo | junio 11, 2013

O PP DE SALCEDA CRITICA O GASTO EN SOLDOS, PUBLICIDADE E PROPAGANDA EN DETRIMENTO DOUTRAS PARTIDAS MÁS PRIMORDIAIS

Os populares aseguran que mentres o Bipartito mantén os salarios, cun gasto de 1,7 millóns en dúas lexislaturas, reduce as partidas das entidades culturais, veciñais e deportivas, á vez que paga vallas publicitarias nas que se anuncia un proxecto no cal o Concello non investiu ningún só euro

A crítica situación económica do concello, o PXOM, a Lei de Augas de Galicia, as alegacións ao Orzamento e o estado das infraestruturas e servizos públicos foron outros temas a tratar nas xuntanzas que o PP está a celebrar en todas as parroquias.

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR DESTINA 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ACUICULTURA NA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE 2013

§  O DOG publica hoxe a correspondente Orde destas subvencións, que poderán financiar investimentos produtivos en acuicultura

Santiago, 10 de xuño de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2013. Estas axudas poderán financiar investimentos produtivos en acuicultura. Leer Más…

GALICIA E OUTRAS COMUNIDADES POÑEN EN MARCHA UN PROGRAMA PARA QUE A MOCIDADE APRENDA IDIOMAS NO ESTRANXEIRO

§  Os cursos ofertados teñen lugar en máis de 100 prestixiosas escolas, situadas en diferentes países

§  Poden acceder a este programa os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, podendo variar o rango de idades dependendo de cada escola

§  Neste programa poderase asistir a clases de inglés no Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nova Zelandia e Sudáfrica; alemán en Alemaña e Austria; francés en Francia e Suíza; italiano en Italia; portugués en Portugal e ruso en Rusia

§  Para solicitar un curso poderase chamar por teléfono ao 981 544 851 ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo idiomas@xunta.es

§  A información pormenorizada de cada un dos cursos ofertados está en http://xuventude.xunta.es Leer Más…

CONDE ANUNCIA UNHA VIAXE A MÉXICO PARA PARTICIPAR NA FEIRA INTERNACIONAL ENMAR E IDENTIFICAR NOVAS OPORTUNIDADES NO NAVAL

§   A viaxe reforza a aposta da Xunta pola expansión do naval, que ten permitido a alianza con Pemex para a construción de dous floteis e a súa entrada no capital do estaleiro de Barreras

§   O conselleiro avoga pola internacionalización e a innovación como eixos para incrementar a competitividade da industria

Vigo, 10 de xuño de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, anunciou hoxe unha nova viaxe institucional a México esta semana co obxectivo de participar na Feira Internacional Enmar, que terá lugar os vindeiros días 13 e 14 na localidade de Mazatlán. A mostra, na que tomarán parte diferentes estaleiros e empresas do naval galego así como a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), permitirá reforzar a imaxe do sector no ámbito internacional, dando a coñecer a súa capacidade e potencial, e identificando novas oportunidades de negocio. Leer Más…

Ponencia de Alfons Cornella, “We update you”

No marco da entrega do Premio Emprendedor XXI terá lugar a ponencia “We update you”, que versa sobre as mellores ideas, experiencias, tecnoloxías e proxectos de negocio no mundo.

Mañá martes día 12 de xuño no hotel Attica21 da cidade de A Coruña, terá lugar a entrega do Premio Emprendedor XXI, iniciativa de “la Caixa” co-outorgado con Enisa. En Galicia o premio está liderado e organizado polo IGAPE.

PROGRAMA:
11.45h. Convocatoria e benvida
12.00h. Ponencia de Alfons Cornella We update you
13.00h. Entrega do premio Emprendedor XXI
13.30h. Peche do acto

Lugar: Hotel Attica 21, de A Coruña, na rúa Enrique Mariñas Romero Periodista nº 34.

 
O evento contará coa presenza do Director Xeral de IGAPE, D. Javier Aguilera e o Director Territorial de “la Caixa” en Galicia, D. Marc Arthur Benhamou,  que entregarán o galardón á empresa con maior potencial de crecemento de Galicia.
Inscrición (o acto é gratuito)

 

www.igape.es

NAVALIA constituye su Comité Ejecutivo para preparar la quinta edición

descarga (2)  Más del 70% de los antiguos expositores de 2012 ya han mostrado su intención de acudir a la cita de 2014 y la organización tiene contratado el 30% del espacio ferial cuando queda casi un año para su celebración

Vigo, 10 de junio de 2013.- La Feria Internacional de la Industria Naval de Vigo celebrará en 2014 su 5ª edición, acumulando más de diez largos e intensos años de trabajo, en los que ha tratado de llevar la marca Galicia, y a su sector naval, a los principales mercados del mundo. Con la vista puesta en la recuperación total del sector, esta mañana celebraba la constitución y primera reunión del Comité Ejecutivo, presidido por el máximo responsable del Astillero Hijos de J. Barreras, José García Costas. Este primer encuentro ha contado con la presencia del Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, quien ha trasladado el apoyo incondicional de la Xunta de Galicia a la feria. Leer Más…

Cada un dos 39.000 clientes que irá ao troco e liquidez recuperará unha media do 71% do seu nominal

NCG arbitrará a máis de 36.200 clientes, un 65% dos que reclamaron

  • ·         Máis de 21.200 clientes terán novas arbitraxes até agosto
  • ·         As arbitraxes devolveron o 100% do nominal a 15.000 clientes até abril

10.06.2013. Os 39.000 clientes que compraron participacións preferentes e obrigacións subordinadas ás antigas caixas galegas e que resolverán o seu caso polo proceso de troco e liquidez, recuperarán, en diñeiro e ao final do proceso, unha media do 71% da súa compra inicial, unha vez aplicado o 13,8% de desconto por liquidez aprobado polo Fondo de Garantía de Depósitos (FGD). O dato inclúe os 19.200 clientes que non solicitaron arbitraxe e aos aproximadamente 19.800 cuxa solicitude de arbitraxe non fose aceptada até o 17 de xuño por NCG Banco. A cifra de recuperación de liquidez realízase cun cálculo análogo á arbitraxe. Sen incluír o neto de intereses a recuperación media de liquidez por cliente sería do 65%.

PP de Vigo

Figueroa: “Los dos años de gobierno débil y en minoría del alcalde solo han sido de parafernalia, con una gestión nula que ha puesto en peligro a la ciudad”

  • “Para el regidor municipal Vigo va como una moto. Le digo: como una moto… pero con las ruedas pinchadas”, afirma el portavoz del Grupo Popular.
  • “En la puesta en escena sí ha evolucionado: ha pasado de la presentación de maquetas que nunca llegaron a realizarse, a colocarse detrás de la pancarta con los del ‘no a todos los grandes proyectos de la ciudad”, explica Figueroa.
  • “Además de la carencia de gestión, Caballero, en el más puro estilo chavista, ha iniciado una limpieza de todos aquellos que no piensan como él: empresarios, colectivos críticos e incluso sus ex socios de gobierno. Emplea el populismo para unos e insultos para los demás”.
  • “Todos los proyectos que dependen de administraciones del Partido Popular están en marcha. Por el contrario, nunca habla de sus fracasos y los de su partido en sectores estratégicos para la ciudad: tax lease, puerto nodal, paro, biblioteca estatal, ciudad de la justicia”.
  • “El Partido Popular tiende la mano al diálogo para hablar de todos los problemas de Vigo. Para el aeropuerto tenemos una propuesta y es bueno que, por fin, el alcalde la tenga también: es la primera vez en seis años”.
  •  

    descarga (1)  O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO DESTA SEMANA A ALTERNATIVA DA A-57 QUE PASA POR PAZOS DE BORBÉN, OS VALOS ATA PEINADOR, MODIFICANDO O TRAZADO QUE PASA POR REDONDELA

    O portavoz popular, Pedro Puy, avanzou que a través doutra proposición non de lei ínstase á Xunta a fomentar a adhesión dos concellos galegos ao convenio para creación dun fondo social de vivendas

  • Santiago, 10 de xuño de 2013.- O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento que se celebra mañá e o mércores unha proposición non de lei a través das que se insta ao Ministerio de Fomento a executar a alternativa da conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo que discorre por Pazos de Borbén, Os Valos ata Peinador, modificando o trazado que pasa polo termo municipal de Redondela. Así mesmo, os populares proporán instar á Xunta a fomentar a adhesión dos concellos galegos ao convenio para a creación dun fondo social de vivendas co obxectivo de pór vivendas a disposición das persoas en circunstancias de especial vulnerabilidade e que sufriran desaloxos.

    O portavoz popular, Pedro Puy, recordou esta mañá que a sesión plenaria inclúe a presentación por parte do Valedor do Pobo en funcións dos informes anuais correspondentes a 2011 e 2012. Ademais, procederase ao debate para a súa aprobación definitiva da Lei do Sistema Universitario de Galicia e da Lei da Galeguidade, así como o debate para a toma en consideración dunha proposición de lei de establecemento dun imposto sobre as grandes superficies comerciais.

    MODIFICACIÓN DA A-57

    Pedro Puy fixo especial mención ás dúas proposicións non de lei que defenderá o Grupo Popular. A primeira delas ten que ver coas actuación que debe levar a cabo o Ministerio de Fomento en relación co trazado da autovía A-57. En concreto, a proposta solicita ao ministerio a aprobación da alternativa 11 do Estudo Informativo da conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo, que discorre por Pazos de Borbén, Os Valos ata Peinador, modificando o trazado que pasa pola parroquia de Vilar no concello de Redondela co obxectivo de reducir as afeccións e prexuízos que xera neste termo municipal.

    “Trátase dunha obra importante que da moita mobilidade e desconxestiona o tráfico da Ponte de Rande, porque desvía e acurta distancias nos tráficos que veñen de Vilagarcía e Pontevedra cara Porriño e a autovía das Rías Baixas e a fonteira con Portugal”, explicou o portavoz. Así mesmo, indicou que esta iniciativa “está en coherencia coa proposta que xa levamos ao Pleno en relación á ampliación da Ponte de Rande, porque consideramos que é máis económica desde o punto de vista da construción de obra e polo impacto social que xera a través das expropiacións no concello de Redondela”.

    FONDO SOCIAL DE VIVENDAS

    A segunda proposición non de lei que defenderá o Grupo Popular insta á Xunta a que fomente a adhesión dos concellos galegos ao convenio para a creación dun fondo social de vivendas, subscrito recentemente polos Ministerios de Fomento e Economía, a FEMP, o Banco de España, as patronais bancarias, a Plataforma do Terceiro Sector e  diversas entidades de crédito, co obxectivo de pór vivendas a disposición das persoas en circunstancias de especial vulnerabilidade e que sufriran desaloxos.

    Pedro Puy manifestou que “na actualidade máis de 230 concellos de toda España téñense adherido a este convenio, pero en Galicia practicamente se contan cos dedos dunha man”. “É importante que a Xunta faga este impulso porque, entre outras cousas, os concellos teñen moito que dicir como entidade colaboradora na aplicación desta idea, aportando unha valoración sobre as circunstancias ou necesidades de risco social das persoas que podan acceder a unha vivenda por este medio e ademais poden colaborar para atender esas necesidades coas propias entidades de crédito que teñen vivendas baleiras no concello correspondente”, sinalou.

Las asociaciones de energías renovables proponen que las primas no se incluyan en los peajes de acceso de la factura eléctrica

Las asociaciones de energías renovables

proponen que las primas no se incluyan en
los peajes de acceso de la factura eléctrica
La actual asignación de partidas en la tarifa eléctrica
perjudica claramente a los consumidores

Cada kWh debería tener una ‘cuota renovable’ destinada a
sufragar las primas, como ocurre en Alemania o Italia

Madrid, 10 de junio 2013.- Las asociaciones de energías renovables
proponen que las primas a la generación renovable se consideren como
lo que son, retribución por la producción de energía, y, por lo tanto, se
incluyan en el término de energía de la factura eléctrica, tal y como ocurre
en países de nuestro entorno, como Alemania o Italia. En la actualidad,
las primas se incluyen entre los llamados peajes de acceso, causando un
sobrecoste innecesario a los consumidores domésticos.

Las tecnologías del régimen especial –renovables y cogeneración–
perciben una tarifa fija por su producción eléctrica. Su ‘prima equivalente’ es el
resultado de la diferencia entre dicha tarifa y el precio del Mercado Eléctrico o
pool. Por lo tanto, las primas tienen una relación directa e inversa con el precio
del pool: a mayor precio, menores primas y viceversa. Leer Más…