A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR DESTINA 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ACUICULTURA NA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE 2013

§  O DOG publica hoxe a correspondente Orde destas subvencións, que poderán financiar investimentos produtivos en acuicultura

Santiago, 10 de xuño de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convocan para o exercicio 2013. Estas axudas poderán financiar investimentos produtivos en acuicultura.

Os importes máximos das subvencións que se concedan no presente exercicio orzamentario ascenderán a 12 millóns de euros.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de cultivos mariños ou de establecementos en augas continentais inscritos no Rexistro de Centros de Acuicultura. Tamén, as agrupacións ou comunidades de bens que teñan a sede en Galicia e realicen a súa actividade na nosa Comunidade Autónoma.

Poderán ser subvencionables os investimentos en activos fixos materiais para a construción, ampliación, equipamento e modernización de instalacións acuícolas de produción situadas en Galicia, que teñan por obxecto unha serie de investimentos e actuacións que se detallan na propia Orde. Así mesmo, poderán ser obxecto de axuda aqueles métodos de produción acuícola que contribúan a protexer e mellorar o ambiente e a conservación da natureza e que tamén se concretan no DOG.

Canto aos prazos para a presentación de solicitudes, anualmente publicaranse os períodos para cada unha das anualidades. Para a de 2013, o prazo será de un mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta orde.

As solicitudes poderán presentarse en papel, cubrindo os correspondentes formularios que aparecen como anexos da Orde, ou na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: