GALICIA E OUTRAS COMUNIDADES POÑEN EN MARCHA UN PROGRAMA PARA QUE A MOCIDADE APRENDA IDIOMAS NO ESTRANXEIRO

§  Os cursos ofertados teñen lugar en máis de 100 prestixiosas escolas, situadas en diferentes países

§  Poden acceder a este programa os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, podendo variar o rango de idades dependendo de cada escola

§  Neste programa poderase asistir a clases de inglés no Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nova Zelandia e Sudáfrica; alemán en Alemaña e Austria; francés en Francia e Suíza; italiano en Italia; portugués en Portugal e ruso en Rusia

§  Para solicitar un curso poderase chamar por teléfono ao 981 544 851 ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo idiomas@xunta.es

§  A información pormenorizada de cada un dos cursos ofertados está en http://xuventude.xunta.es

Santiago, 10 de xuño de 2013.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para 2013.

Para solicitar un curso poderase chamar por teléfono ao 981 544 851 ou ben enviar un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao enderezo idiomas@xunta.es. A información pormenorizada de cada un dos cursos ofertados está en http://xuventude.xunta.es.

Os cursos ofertados teñen lugar en máis de 100 prestixiosas escolas, situadas en diferentes países. En cada curso se facilita ao estudante a aprendizaxe e perfeccionamento do idioma mediante  a inmersión lingüística e a integración nun ambiente internacional multicultural.

Poden acceder a este programa os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, podendo variar o rango de idades dependendo de cada escola. Neste programa poderase asistir a clases de inglés no Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nova Zelandia e Sudáfrica; alemán en Alemaña e Austria; francés en Francia e Suíza; italiano en Italia; portugués en Portugal e ruso en Rusia.

Os prezos dos cursos varían en función das súas características, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos. Estes inclúen as clases do idioma elixido e o aloxamento, que pode ser en familias, apartamentos ou residencias de estudantes. O Carné Xove posibilitará un 6% de desconto sobre os prezos ofertados.

Normalmente os cursos comezan en luns, aínda que algunhas escolas establecen datas determinadas de inicio. O aloxamento farase de domingo a sábado, chegando un día antes do comezo do curso e marchando un día despois do remate, salvo que a escola estableza que o aloxamento sexa de sábado a sábado ou de domingo a domingo. A duración dos cursos varía entre 1 e 4 semanas, inda que poden chegar ata as 12 se inclúe a preparación para exames oficiais.

Para o aloxamento ofrécense distintas opcións: familia, residencia ou pisos de estudantes, entre outros. Cada organización indica o tipo de manutención que inclúe no seu programa (sen comidas, aloxamento e almorzo, media pensión ou pensión completa). As actividades socioculturais e as excursións

 

No momento de solicitar a  inscrición para un curso deberase aboar o  40% do seu importe. O  60% restante deberá aboarse, unha vez confirmada a reserva de praza por parte da escola.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: