Concello de Vigo


O alcalde avanza a presentación dun plan de vóos para potenciar o aeroporto de Vigo

Abel Caballero presentará esta iniciativa logo da concentración do día 19 de xuño e incluirá unha proposta de colaboración para a Deputación e para a Xunta de Galicia. O rexedor avanzou hoxe mércores que cada vez son máis os colectivos que se suman á protesta cidadá organizada para defender Peinador.

 


O alcalde anuncia o inicio do prazo dun mes para solicitar as 7 vivendas que o Concello ofrece a persoas desafiuzadas

O próximo 11 de xullo rematará o prazo para solicitar as sete vivendas de titularidade municipal de Navia que o Concello facilita a persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade. Abel Caballero reiterou que o obxectivo do goberno local é realoxar temporalmente a familias viguesas durante dous anos, sen ter que pagar aluguer.

 


O Concello disporá 120 efectivos este verán para o salvamento e socorrismo nas praias

Caballero informou este mércores que a vixiancia en dez praias de Vigo se inicia o 15 de xuño con 120 profesionais. O alcalde, quen asinou este mércores un convenio coa Cruz Vermella, salientou que a calidade do dispositivo, a diferencia doutras cidades que recortaron orzamento.

 


O artista Luis Davila entregou ao alcalde un cadro pintado nunha xornada sobre reciclaxe de vidro

Abel Caballero recibiu este mércores de man de Luis Davila o cadro realizado polo artista no marco dunhas xornadas divulgativas -organizadas en Vigo por EcoVidrio- sobre a reciclaxe de vidro. Os máis pequenos poideron interactuar con Davila durante a creación desta pintura.

 


Inauguración da exposición Afinidades Selectivas 6

Hoxe mércores, 12 de xuño, ás 20:00 h, ten lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a inauguración de AFINIDADES SELECTIVAS 6, froito do convenio de colaboración asinado entre a concellería de Cultura e Festas e a Universidade de Vigo. Trátase dunha exposición colectiva, comisariada por Almudena Fernández Fariña, de Berta Cáccamo + Mar Vicente; Chelo Matesanz + Natalia Umpierrez; X. M. Buxán + Alex Mene eYolanda Herranz + Basilisa Fiestras

 


Obradoiro de verán da Escola Municipal de teatro

A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar un obradoiro de verán de creación teatral dende o día 1 de xullo ó 5 de xullo, nas instalacións da EMT, na Avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: