O PARLAMENTO APROBA A PROPOSICIÓN DO GRUPO POPULAR PARA QUE FOMENTO APROBE A CONEXIÓN DA A-57 CON VIGO QUE DISCORRE POR PAZOS DE BORBÉN, OS VALOS ATA PEINADOR

  • Pazos demandou o “cese da demagoxia en relación a Vigo, porque esta cidade non queda illada” coa aprobación da alternativa 11

Santiago, 12 de xuño de 2013.- O Parlamento de Galicia aprobou  hoxe a proposición non de lei presentada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a solicitar do Ministerio de Fomento a aprobación da alternativa 11 do Estudo Informativo da conexión da   A-57 coa rede arterial de Vigo, que discorre por Pazos de Borbén, Os Valos ata Peinador, modificando o trazado que pasa pola parroquia de Vilar co obxectivo de reducir as afeccións e prexuízos que xera no termo municipal de Redondela. O deputado popular Alberto Pazos afirmou que esta alternativa supón “un menor custo económico, unha menor ocupación do solo, unha menor afección socia e medioambiental, e, pensando na xente, unha menor contestación veciñal”.

Na súa intervención, Alberto Pazos explicou que a futura autovía estatal A-57 enlazará a A-52 no lugar de O Confurco no concello de Ponteareas coa AP-9, a autovía AG-41, a autovía A-55 e a futura autovía AG-47 no lugar de Curro no concello de Barro, pasando por Pontevedra.

VIGO SI, REDONDELA TAMÉN

 

A proposición non de lei subliña a importancia da posta en marcha desta autovía A-57 xunto coa futura A-59, que unirá Vilaboa con Vigo como alternativa á autoestrada de peaxe AP-9, porque suporá que una parte importante do tráfico entre Pontevedra e Vigo, así como a totalidade do tráfico entre Pontevedra e a A-52, discorra por esta nova vía, aliviando considerablemente o tráfico na AP-9.

 

Alberto Pazos recordou que esta alternativa 11 “ten como defensores a alcaldes da comarca viguesa de todas signo político, ademais dos veciños e o propio sentido común, mentres que a actual alternativa 5 aprobada polo Ministerio só conta co respaldo dos antigos responsables socialistas do Concello de Redondela e do alcalde de Vigo”.

 

O deputado popular amosou a “vontade de non querer competir con Vigo, nin desexamos a confrontación gratuíta nin submisión porque somos conscientes das necesidades de comunicacións desta cidade. Por este motivo, dicimos Vigo sí, pero Redondela tamén”.

 

POLÍTICAS DE DESPILFARRICIDIO

 

Neste sentido, Pazos demandou o “cese da demagoxia en relación a Vigo, porque esta cidade non queda illada” coa aprobación da alternativa 11, ao tempo que tamén pediu o “cese do ataque inxustificado aos intereses dos veciños de Redondela e tamén das políticas de despilfarricidio, xa que esta alternativa 11 supón un aforro de 85 millóns de euros”. Así mesmo, demandou o “cese da agresión inxustificada ao territorio, porque non ten xustificación algunha manter trazados paralelos de dúas autovías con escasa distancia entre elas”.

 

Alberto Pazos lamentou que os grupos da oposición rexeitaran o ofrecemento para buscar o consenso nesta proposición , “esquecendo as siglas e pensando no país”. “Pensen nos veciños e na xente, que permanentemente están intentando liberarse desta condena provocada polas distintas decisións adoptadas polo ministro de Fomento José Blanco, que pensou moito nos votos e na capacidade de venta que podían ter na cidade de Vigo e moi pouco pola gran maltratada coas infraestruturas que é Redondela”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: