Concello de Vigo


Caballero sinala Vigo como o eixo da vertebración do territorio que une A Coruña e Oporto

Abel Caballero resaltou hoxe a Vigo como “a gran capital centro dun territorio de 6 millóns de habitantes, entre A Coruña e Oporto. Tal e como dixo en rolda de prensa, a Xunta de Galicia debería ter en conta que “a competencia ao aeroporto do norte de Portugal hai que facela desde esta cidade”.

 


O rexedor eloxia o traballo do director de cine vigués Juan Pinzás na presentación de New York Shadows

A última película do director vigués Juan Pinzás estrénase mañá venres nos cines Gran Vía, unha boa oportunidade para “sentirnos orgullosos dun vigués que presenta as súas obras na súa cidade natal”, dixo o alcalde. O director detallou características da que é o seu oitovo filme, ao tempo que o rexedor destacaba a súa capacidade artística e creativa.

 


O alcalde anima a encher As Travesas para apoiar ao Celta na semifinal da Liga Indoor

Caballero invitou este xoves á cidadanía a encher mañá o Pavillón das Travesas e apoiar ao Real Club Celta na consecución do pase á final da Liga de Fútbol Indoor. O encontro, ás 21 horas, medirá aos de Moncho Carnero contra o Oporto, equipo contra o que xa se enfrontou na fase de grupos, con derrota para os de Vigo.

 


O primeiro edil apoia a presentación da edición 2013 do Circuito Boavista de Portugal

Abel Caballero acompañou hoxe xoves ao seu homólogo de Oporto na presentación da edición 2013 do circuito Boavista de Portugal, que contará coa participación de quince pilotos españois. O evento terá lugar durante dous fins de semana do mes de xuño en Oporto.

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

Xunta de Goberno Local

 

Inscrición no XIX Festival Folclórico Internacional

O Festival Folclórico Internacional, froito do convenio de colaboración entre a concellería de Cultura e Festas e a Asociación Cultural Interfolc, que chega á súa décimo novena edición, abre o prazo de solicitudes de actuacións, que terán lugar entre o 6 e o 11 de agosto. O festival inclúese na programación das Festas do Verán.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: