FESTIVAL SINSAL SAN SIMÓN

CARTELES

Presentado o Festival Sinsal na Illa de San Simón. 

Un ano máis o cartel musical será secreto, iremos dando pistas na nosa web. 

O festival repetirase, como o ano pasado, dous días, o 27 e o 28 de xullo.

Horarios barcos*:

Ida:

Vigo: 11.00

Cesantes: 11.00-11.30

San Adrián: 12.00-12.15-13.00

Volta:

Vigo: 22.45

Cesantes: 21.00-21.30

San Adrián: 21.15-22.00-22.15 

*Haberá autobuses dende Vigo a Cesantes e San Adrián, horarios por confirmar.

Prezos:

– As primeiras 200 entradas: 29€ (21% IVE+10%SGAE) + gastos de xestión

– Ata o 15 de xullo: 35€ (21% IVE+10%SGAE) + gastos de xestión

– Do 15 de xullo ata o comezo: 40€ (21% IVE+10%SGAE) + gastos de xestión

Estes prezos inclúen a posibilidade do autobús dende Vigo previa reserva de praza.

O barco dende Vigo, cunha distancia considerablemente maior, contará cun prezo diferente e inalterable:

– Dende Vigo: 43€ (21% IVE+10%SGAE) + gastos de xestión

Pack turístico “De illa a illa”:

Opción 1: Entrada festival+viaxe a San Simón dende Vigo+Hotel 4 estrelas en Vigo+viaxe a Cíes (día anterior ou posterior a ir ao festival)= 89€ persoa.

Opción 2: Entrada festival+viaxe a San Simón dende Vigo+Hotel 3 estrelas en Vigo+viaxe a Cíes (día anterior ou posterior a ir ao festival)= 83€ persoa.

– Hotel 4*: Hotel Bahia de Vigo (www.hotelbahiadevigo.com)

– Hotel 3*: Hotel Mexico (www.mexicohotel.com)

Mail contacto para hoteles, packs, buses: airbusgrupos@e-savia.net

Entradas á venda dende esta tarde en http://www.ticketea.com/ 

Volve Sinsal San Simón e volve con pequenos cambios. Un ano máis o cartel será secreto e iremos deixando pistas na nosa web e nas nosas redes para que o público trate de resolvelas. Neste 2013 contaremos con 7 grupos, disminuíndo lixeiramente o cartel respecto ao ano pasado para apostar por pequenas sorpresas repartidas pola illa, actividades e unha vez máis pola nosa propia radio en streaming. Nesta nova edición contaremos cun pequeno descanso musical para que o público poida disfrutar da illa, da súa natureza e do seu son. 

En Sinsal San Simón 2013 contaremos con dous escenario principais, o Escenario San Simón Son Estrella Galicia e o Escenario San Antón New Balance. Posiblemente, como fixemos o ano pasado, contaremos cun escenario pequeno para a despedida do público do festival, o Escenario Peirao. Este ano inauguraremos as Músicas Escondidas, pequenos recitais sorpresa en lugares especiais da illa en acústico, sen enchufar. Estes concertos terán lugar durante o descanso musical sobre as tres da tarde. 

Sinsal San Simón volverá destacar pola comodidade, contaremos unha vez máis cun servicio de cátering a prezos moi competitivos, e este ano, como nos reclamaron o ano pasado, tamén cun pequeno servizo de almorzos e café. Para a xente que veña de fóra da comarca e prefira quedar a durmir nos arredores, contaremos con ofertas hoteleiras, un hotel de 4 estrelas a 30€ por persoa a noite e outro de 3 estrelas a 24€ por persoa, exclusivamente para o noso público. Este ano contaremos tamén con packs turísticos especiais que incluirán paseos pola ría e visita ás Illas Cíes 

+ información en www.sinsalaudio.org

Sinsal San Simón é auga, música e barcos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: