Novagalicia atende en dous días máis de 50.000 peticións de información de clientes con preferentes e subordinadas

novabancogalicia 80% das solicitudes realizáronse nas oficinas da entidade

  • ·         Máis de 5.000 persoas calcularon o seu troco no simulador da web do banco
  • ·         A entidade resolverá máis de 21.000 novos casos pola vía da arbitraxe

13.06.2013. Máis de 50.000 consultas de clientes recibíronse na entidade a través das diferentes canles (rede de oficinas, páxina web, teléfono de atención gratuíto) que Novagalicia Banco puxo a disposición dos titulares de participacións preferentes e obrigas subordinadas para informarlles sobre o proceso de troco e liquidez que se iniciará o próximo 17 de xuño.

O 80% das demandas de información realizáronse na rede de oficinas da entidade. Ademais das máis de 500 oficinas do banco, Novagalicia puxo a disposición dos clientes a 1.000 xestores especialistas dedicados exclusivamente a atender as solicitudes de información dos titulares de híbridos que durante estes dous días atenderon a uns 40.000 clientes.

A web específica creada pola entidade, http://recuperacion.novagaliciabanco.es/es/, foi consultada por máis de 9.000 usuarios únicos. No simulador, do que se pode obter unha estimación do resultado final tras o troco, máis de 5.000 persoas realizaron, nos dous primeiros días de funcionamento, unhas 17.000 operacións para calcular o resultado final do seu troco.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: