Iolanda Veloso urxe ao goberno vigués a dar uso social as 40 vivendas baleiras do Concello
l A portavoz municipal do BNG preguntou na xerencia de Urbanismo pola situación deses pisos do centro da cidade
Vigo, 14 de xuño de 2013.-A portavoz municipal do Bloque, Iolanda Veloso, considera “inadmisible” que o Concello de Vigo conte con 40 vivendas baleiras na rúa República Arxentina e sen uso previsto. En virtude da preocupación do Bloque polos problemas de vivenda na nosa cidade, a nacionalista preguntou na xerencia de Urbanismo polo uso ao que se destinan actualmente estes inmobles, ao que Caballero respostou que se atopan “en proceso de decisión”.
“Non é de recibo que mentres hai familias na nosa cidade que se quedan sen fogar, o alcalde non teña claro a que destinar as vivendas municipais que están baleiras”, denunciou a portavoz municipal do Bloque. Iolanda Veloso explica que estas vivendas baleiras quedaron en mans do concello despois da transmisión doutros dez pisos a Adif en cumprimento do convenio expropiatorio.
A portavoz nacionalista reclama que neste “proceso de decisión” o goberno vigués “teña en conta a realidade social á hora de decidir o uso das vivendas e que o faga o máis axiña posible”.
VIGO ACOLLE UN ENCONTRO TRANSFRONTEIRIZO PARA A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARÍTIMO ENTRE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL
O Foro Proamare: a rede vital do mar, celebrarase o vindeiro 27 de xuño no Museo do Mar
- · Abordará posibles mecanismos para a posta en valor do patrimonio relacionado co mar
- · Catro asociacións de Vigo recuperan embarcacións tradicionais no marco deste programa europeo
Vigo acollerá o vindeiro 27 de xuño un encontro transfronteirizo para a posta en valor do patrimonio marítimo entre Galicia e o Norte de Portugal, co obxectivo de promover o dinamismo turístico e económico vinculado ao mundo do mar e ás poboacións costeiras. Leer más…