VIGO ACOLLE UN ENCONTRO TRANSFRONTEIRIZO PARA A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARÍTIMO ENTRE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL

Foro Proamare: a rede vital do mar, celebrarase o vindeiro 27 de xuño no Museo do Mar

  • ·        Abordará posibles mecanismos para a posta en valor do patrimonio relacionado co mar
  • ·        Catro asociacións de Vigo recuperan embarcacións tradicionais no marco deste programa europeo

Vigo acollerá o vindeiro 27 de xuño un encontro transfronteirizo para a posta en valor do patrimonio marítimo entre Galicia e o Norte de Portugal, co obxectivo de promover o dinamismo turístico e económico vinculado ao mundo do mar e ás poboacións costeiras.

Os actos terán lugar no Museo do Mar e incluirán a sinatura dun protocolo de colaboración da Rede Transfronteiriza de Valorización do Patrimonio, na que participan a Deputación de Pontevedra, o CETMAR, a Fundaçao Gil Eanes, CIM Alto Minho, Municipio de Caminha e diversas entidades relacionadas coa cultura marítima.

A sinatura deste protocolo realizarase ás 19,00 horas e, de seguido, desenvolverase un foro para afondar na posta en valor e no establecemento de mecanismos de cooperación que permitan impulsar e revalorizar o patrimonio marítimo nas dúas beiras do Miño.

Neste foro, que será moderado e presentado polo presidente  da Deputación, Rafael Louzán, participará Nava Catsro, directora xeral de Turismo da Xunta; Víctor Fernández González, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro; Flamiano Gonçalves, vicepresidente do Municipio de Caminha; e un representante da Fundaçao Gil Eanes.

Potenciar o turismo marítimo

Os actos que se desenvolverán no Museo do Mar de Vigo forman parte do programa de cooperación transfronteiriza Proamare, que conta cun orzamento total de 862.000 euros, dos cales o 75% provén de fondos europeos FEDER.

A finalidade é implantar unha estratexia que aproveite a cultura marítima de Galicia e o Norte de Portugal para promover o desenvolvemento económico e turístico a ambas beiras do Miño.

Deste xeito, entre as actividades que xa se están levando a cabo figura o programa de rehabilitación e mellora de embarcacións tradicionais da provincia de Pontevedra coa finalidade de destinalas a actividades turístico-culturais ou de musealización.

Entre as entidades que se están a beneficiar deste programa figuran 4 viguesas, a Asociación Sodináutica, a Asociación de Mariñeiros San Miguel de Bouzas, o Museo do Mar de Galicia, e a Asociación de Gameleiros Asodiña. A elas hai que sumar a Asociación Recreativa e Cultural Sueste de Moaña, o C.M. A Reiboa e a Asociación Amigos da Dorna Raxó, en Poio; a ACD Dorna, a ACDX Fasquia e a Asociación Cultural Komaira de A Illa de Arousa; o Clube Mariño Salnés e Asociación Calmoseira de Cambados; Amigos da Dorna Meca e o Concello de O Grove, en O Grove  e a Asociación Amigos da Dorna de Portonovo, en Sanxenxo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: