Iolanda Veloso urxe ao goberno vigués a dar uso social as 40 vivendas baleiras do Concello

l  A portavoz municipal do BNG preguntou na xerencia de Urbanismo pola situación deses pisos do centro da cidade 

Vigo, 14 de xuño de 2013.-A portavoz municipal do Bloque, Iolanda Veloso, considera “inadmisible” que o Concello de Vigo conte con 40 vivendas baleiras na rúa República Arxentina e sen uso previsto. En virtude da preocupación do Bloque polos problemas de vivenda na nosa cidade, a nacionalista preguntou na xerencia de Urbanismo polo uso ao que se destinan actualmente estes inmobles, ao que Caballero respostou que se atopan “en proceso de decisión”.

“Non é de recibo que mentres hai familias na nosa cidade que se quedan sen fogar, o alcalde non teña claro a que destinar as vivendas municipais que están baleiras”, denunciou a portavoz municipal do Bloque. Iolanda Veloso explica que estas vivendas baleiras quedaron en mans do concello despois da transmisión doutros dez pisos a Adif en cumprimento do convenio expropiatorio.

 

A portavoz nacionalista reclama que neste “proceso de decisión” o goberno vigués “teña en conta a realidade social á hora de decidir o uso das vivendas e que o faga o máis axiña posible”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: