Comunicado de prensa da tenente de alcalde e concelleria de Urbanismo, Carmela Silva, sobre o edificio do Rexistro Civil en Vigo
COMUNICADO DE PRENSA
Vigo, 18 de xuño de 2013.-
Con respecto ao anuncio da Xunta de ubicar o servizo común de notificacións e embargos no edificio que estaba destinado para o Rexistro Civil, a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo aclara que este cambio ven provocado pola decisión do goberno central de privatizar os servizos do Rexistro Civil. O borrador do anteproxecto de «Ley de reforma integral de Registros» do ministro Gallardón deixou sen contido o edificio tan anunciado o ano pasado e que tería que estar rematado agora. Entón hai que darlle outro uso, esa é a única razón do cambio e do retraso. Unha vez máis, a Xunta volve retorcer a realidade cando atribúe esta decisión á falta de espazo nos xulgados de Vigo, posto que o
que realmente fai é darlle uso a un edificio que xa non ten sentido, en canto os rexistradores
asuman as funcións do Rexistro Civil, tal e como propón o Goberno do PP.
A concelleira socialista lembra que a Xunta non constrúe a Cidade da Xustiza en Vigo porque, de novo, prioriza obras noutras cidades de Galicia. Na súa opinión, o goberno de Feijóo comprometeuse a financiar máis dotacións xudiciais das que recolle nos orzamentos e, unha vez máis, decidiu marxinar Vigo. A tenente de alcalde lembra que desde o Concello enviouse á Xunta unha proposta na que se ofertaba unha parcela de solo público, -valorada en 1,2 millóns de euros- mentres que a administración autonómica tería que comprar os terreos privados a cambio dos aproveitamentos urbanísticos, o que supón unha adquisición a custe cero para a Xunta de Galicia. A estas alturas, o Goberno local segue sen ter resposta a esta oferta, lembra a concelleira de Urbanismo.
Carmela Silva
Tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo
Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06 Fax: 986 81 02 17
REDONDELA ACOLLERÁ DESDE ESTE MARTES UNHA OFICINA DE ASESORAMENTO LEGAL PARA AFECTADOS POR PREFERENTES, IMPULSADA POLA DEPUTACIÓN
O punto de asistencia xurídica situarase no Multiusos da Xunqueira
- · O obxectivo é facilitarlles a recuperación dos seus aforros coa arbitraxe e, de non poder acudir a esta, asesoralos sobre a viabilidade dun recurso xudicial
- · Outras 8 oficinas distribuiranse por outros tantos concellos da provincia no marco dun convenio entre a Deputación e a Unión de Consumidores de Galicia.
A XUNTA DESTINA 20.000 EUROS PARA MELLORAR O BORDE LITORAL DE ARCADE, EN SOUTOMAIOR, A TRAVÉS DAS AXUDAS DA REDE NATURA
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o municipio para comunicar ao alcalde, Agustín Reguera, esta resolución.
- Os concellos que reciben estas subvencións teñen que ter toda ou parte da súa superficie na Rede Natura 2000, na súa condición de entidades xestoras.
- Na área de Vigo, os 7 concellos beneficiarios: Baiona, Cangas, Nigrán, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Salvaterra do Miño, recibirán case 130.000 euros.
- Entre as actuacións subvencionadas están a restauración de camiños, a limpeza da marxe de ríos ou a preservación da vexetación, entre outros. Leer más…
Bases reguladoras e convocatoria das axudas para a contratación de Xestores de internacionalización
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.
O prazo de presentación de solicitudes polas empresas interesadas remata o próximo 15 de xullo.
|
|
www.igape.es |
Último concerto do Programa Sinfónico de Primavera e Clausura da Temporada 2012-13 da Orquestra Vigo 430 – 24 de xuño – 20:30h – Auditorio Martín Códax de Vigo
A Orquestra Vigo 430 pon o broche final á súa Temporada 2012-2013 co último concerto do Programa Sinfónico de Primavera pondo en escena para esta ocasión un programa moi especial para dar a benvida ao verán: a estrea da peza Cócteles, unha creación do director titular da Orquestra, Alejandro Garrido, específicamente composta para a súa interpretación por parte dos músicos da Vigo 430 e que será acompañada por unha coreografía da prestixiosa bailarina Cristina Hall que traballou man a man con Garrido para configurar este solo de danza de corte flamenco. Leer más…
OS PROPIETARIOS DAS PARCELAS DO OFIMÁTICO AVANZAN NA CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE COMPENSACIÓN
O rexedor mantivo un encontro coa xunta directiva da Asociación e
os seus asesores legais e técnicos para coñecer o estado de tramitación do
proxecto
Caballero puxo á disposición do colectivo toda a colaboración
material e persoal que precisen para acadar a mellor xestión deste
“importante ámbito para a cidade”
Vigo, 17 de xuño de 2013– O alcalde de Vigo recibiu hoxe luns á Xunta directiva da
Asociación de propietarios do ámbito con ordenación detallada do PXOM, denominada A-4-37
Ofimático (preto da Avenida de Madrid) para coñecer de cerca o estado desta tramitación. Os
propietarios, acompañados polos seus asesores legais e técnicos, explicaron ao rexedor que
no transcurso deste semana presentarán as bases e estatutos para avanzar na constitución
da xunta de compensación e poñer en marcha esta peza da cidade, que ten unha extensión
de máis de 250.000 metros cadrados para usos residenciais e terciarios e que abrangue a
máis de 80 parcelas.
Pola súa banda, Caballero puxo a disposición da Asociación toda a colaboración material e
persoal que precisen para acadar a mellor xestión deste “importante ámbito para a cidade”.
A tramitación dos documentos de xestión nas próximas semanas permitirá a formalización da
fase de organización para poder formular en breve prazo o proxecto de reparto de cargas e
beneficios entre os propietarios.
O plan xeral diseña nesta zona unha urbanización residencial cunha torre de ata 20 plantas
na fachada cara á avenida de Madrid e un máximo de sete alturas no resto do perímetro,
unha ampla zona comercial e de oficiñas. Tamén prevé un mínimo de 60.000 metros
cadrados de espazos verdes, 20.200 para equipamentos públicos, ademais de establecer
unha previsón mínima de 1.409 prazas de aparcamento. Na ficha consta unha reserva do
46% da edificabilidade residencial para vivenda con algún tipo de protección.
Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06 Fax: 986 81 02 17
CIG – Vigo _ comunicados
Acampada Biofabri
o presidente e un delegado do comité de Bioafabri decidiron abandonar o peche tras máis de catro horas nas instalacións da empresa no Porriño á espera de retomar as negociacións.o presidente e un delegado do comité de Biofabri (os dous da CIG, que ten tres representantes) acaban de iniciar un peche no interior das instalacións da empresa no Porriño tras rematar sen acordo a última das xuntanzas coa dirección. Por outra banda, un grupo de traballadores/as permanecen acampados no exterior da fábrica dende o domingo á noite.
Protesta T-Solar.
Traballadores/as da empresa T-Solar de Ourense mobilizáronse hoxe en Vigo para rexeitar os despedimentos previstos pola dirección. Ás 11.00 horas concentráronse diante do Xulgado do Mercantil 3, onde a CIG fixo entrega dun escrito no que se reclama a non extinción dos contratos (adxunto documento).
Acto seguido desprazáronse ás instalacións do grupo Isolux, fronte ao pavillón das Travesas, onde despregaron varias faixas e ocuparon momentaneamente as oficinas.
Adiada folga cafetería Meixoeiro
os traballadores/as da cafetería do Meixoeiro decidiron adiar a folga até o vindeiro mércores tras a apertura de negociacións co empresario, que comezaron esta mañá. Os empregados/as protestan polo despedimento do delegado de persoal, da CIG.
O venres pasado os afectados/as ocuparon tamén as oficinas da Xunta en Ourense.
A oficina principal de Novagalicia en Moaña permaneceu pechada este luns
17.06.2013. Novagalicia Banco ha intentado abrir al público este lunes 17 su oficina
principal de Moaña (Pontevedra) para reanudar la atención a todos sus clientes (casi
9.000), pero finalmente la sucursal ha tenido que permanecer cerrada.
Pese a que la entidad habilitó las instalaciones y los empleados pudieron acceder al
interior del centro, donde estuvieron realizando su trabajo habitual salvo la atención física
en la oficina, la apertura no ha sido posible debido a una concentración de un grupo de
personas que impedía garantizar la prestación del servicio en las debidas condiciones de
seguridad tanto para los clientes como para los empleados.
Novagalicia Banco espera poder restablecer la normalidad del servicio en esta sucursal lo
antes posible.
Conciertos «La Estrella» Island Club – Vigo
Entrada: 5 euros con consumición mínima