Comunicado de prensa da tenente de alcalde e concelleria de Urbanismo, Carmela Silva, sobre o edificio do Rexistro Civil en Vigo

 

 

COMUNICADO DE PRENSA

 

Vigo, 18 de xuño de 2013.-

Con respecto ao anuncio da Xunta de ubicar o servizo común de notificacións e embargos  no edificio que estaba destinado para o Rexistro Civil, a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo aclara que este cambio ven provocado pola decisión do goberno central de privatizar os servizos do Rexistro Civil.  O borrador do  anteproxecto de “Ley de reforma integral de Registros” do ministro Gallardón deixou sen contido o edificio tan anunciado o ano pasado e que tería que estar rematado agora. Entón hai que darlle outro uso, esa é a única razón do cambio e do retraso.  Unha vez máis, a Xunta volve retorcer  a realidade cando atribúe esta decisión á falta de espazo nos xulgados de Vigo, posto que o

que realmente fai é darlle uso a un edificio que xa non ten sentido, en canto os rexistradores

asuman as funcións do Rexistro Civil, tal e como propón o Goberno do PP.

A concelleira socialista lembra que a Xunta non constrúe a Cidade da Xustiza en Vigo porque, de novo,  prioriza obras noutras cidades de Galicia.  Na súa opinión,  o goberno de Feijóo comprometeuse a financiar máis dotacións xudiciais das que recolle nos orzamentos e, unha vez máis, decidiu marxinar Vigo. A tenente de alcalde lembra que desde o Concello enviouse á Xunta unha proposta na que se ofertaba  unha parcela de solo público, -valorada en  1,2 millóns de euros-  mentres que a administración autonómica tería que comprar os terreos privados a cambio dos aproveitamentos urbanísticos, o que supón unha adquisición a custe cero para a Xunta de Galicia. A estas alturas, o Goberno local  segue sen ter resposta a esta oferta, lembra a concelleira de Urbanismo.

Carmela Silva

Tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo

 

Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06   Fax: 986 81 02 17

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: