OS PROPIETARIOS DAS PARCELAS DO OFIMÁTICO AVANZAN NA CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE COMPENSACIÓN

descarga

 O rexedor mantivo un encontro coa xunta directiva da Asociación e
os seus asesores legais e técnicos para coñecer o estado de tramitación do
proxecto
 Caballero puxo á disposición do colectivo toda a colaboración
material e persoal que precisen para acadar a mellor xestión deste
“importante ámbito para a cidade”
Vigo, 17 de xuño de 2013– O alcalde de Vigo recibiu hoxe luns á Xunta directiva da
Asociación de propietarios do ámbito con ordenación detallada do PXOM, denominada A-4-37
Ofimático (preto da Avenida de Madrid) para coñecer de cerca o estado desta tramitación. Os
propietarios, acompañados polos seus asesores legais e técnicos, explicaron ao rexedor que
no transcurso deste semana presentarán as bases e estatutos para avanzar na constitución
da xunta de compensación e poñer en marcha esta peza da cidade, que ten unha extensión
de máis de 250.000 metros cadrados para usos residenciais e terciarios e que abrangue a
máis de 80 parcelas.
Pola súa banda, Caballero puxo a disposición da Asociación toda a colaboración material e
persoal que precisen para acadar a mellor xestión deste “importante ámbito para a cidade”.
A tramitación dos documentos de xestión nas próximas semanas permitirá a formalización da
fase de organización para poder formular en breve prazo o proxecto de reparto de cargas e
beneficios entre os propietarios.
O plan xeral diseña nesta zona unha urbanización residencial cunha torre de ata 20 plantas
na fachada cara á avenida de Madrid e un máximo de sete alturas no resto do perímetro,
unha ampla zona comercial e de oficiñas. Tamén prevé un mínimo de 60.000 metros
cadrados de espazos verdes, 20.200 para equipamentos públicos, ademais de establecer
unha previsón mínima de 1.409 prazas de aparcamento. Na ficha consta unha reserva do
46% da edificabilidade residencial para vivenda con algún tipo de protección.
Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06 Fax: 986 81 02 17

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: