Último concerto do Programa Sinfónico de Primavera e Clausura da Temporada 2012-13 da Orquestra Vigo 430 – 24 de xuño – 20:30h – Auditorio Martín Códax de Vigo

descarga (1)  A Orquestra Vigo 430 pon o broche final á súa Temporada 2012-2013 co último concerto do Programa Sinfónico de Primavera pondo en escena para esta ocasión un programa moi especial para dar a benvida ao verán: a estrea da peza Cócteles, unha creación do director titular da Orquestra, Alejandro Garrido, específicamente composta para a súa interpretación por parte dos músicos da Vigo 430 e que será acompañada por unha coreografía da prestixiosa bailarina Cristina Hall que traballou man a man con Garrido para configurar este solo de danza de corte flamenco.

Esta será a primeira vez que a Orquestra realiza unha interpretación acompañada de danza continuando así a súa aposta polo traballo interdisciplinar. Igualemente segue potenciando a posta en escena de obras contemporáneas e de nova creación que están presentes todos os anos nos seus programas. E desta volta dun xeito moi especial, dado que volve a ser o noso director, Alejandro Garrido, o autor escollido. Se de por si Alejandro é un dos directores que mellor sabe aproveitar as potencialidades da orquestraestamos seguros de que a composición realizada, ao estar pensada directamente para a súa execución por parte da orquestra, será un verdadeiro alarde de virtuosismo e creatividade que levará aos pentagramas ese brillo e viveza que solo él sabe sacar dos músicos da 430. 

Ademais desta nova creación de Garrido que é unha creación que ecléctica que revisa fragmentos dos grandes compositores dos séculos XIX e XX como Britten, Stravinsky, Schumann ou Ives, o programa continuará co Concerto de Brandemburgo nº 3 de Bach e a Sinfonía Militar de Haydn unindo a contemporaneidade cos máis grandes fitos do clasicismo e do barroco.

Con este concerto tan especial todo o equipo da Orquestra Vigo 430 quere dar as grazas ao Concello de Vigo por manter o seu apoio ao noso proxecto ano tras ano e programa tras programa dado que sen a súa financiación non sería posible materializar a nosa ilusión pola música. E dun xeito moi especial queremos agradecer a todas as persoas fieis asistentes aos concertos desta temporada que chega ao seu fin, e que unha vez máis a través do seu aplauso demostran un enorme entusiasmo e grande benquerenza polo noso traballo 

Como foi unha constante ao longo de toda a temporada o concerto de clausura terá lugar o vindeiro luns 24 de xuño no Auditorio Martín Códax de Vigo (Conservatorio Superior do Castro) ás 20:30h. As entradas xa están á venda no despacho de billetes da Central de Espectáculos (Velázquez Moreno) de Vigo, e en  www.centralespectaculos.com ata o sábado 22 ás 13h. E o día do concerto no auditorio dende as 19h.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: