BNG de Vigo

descarga (1)   O Bloque acusa ao PP de “falta de coherencia” no eido cultural e ser artífice de “destrozar a cultura do país 

Vigo, 18 de xuño de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, subliñou que o Partido Popular é exemplo de “falta de coherencia” no eido cultural, ao acusar ao Bloque de “bipolaridade política” mentres destroza a cultura do país. “Utilizar a expresión bipolaridade política é unha falta de respecto e de discurso político”, denunciou a portavoz nacionalista en resposta a unha xornalista sobre as declaracións dun edil do grupo popular.

Iolanda Veloso asegurou que prefire falar de coherencia ou incoherencia e que “se falamos de falta de coherencia o exemplo é precisamente o Partido Popular”. Neste sentido criticou que mentres o PP acusa ao BNG de “bipolaridade política” ou de estar calado, a única proposta dos populares é a ter “24 horas de” e votar en contra das iniciativas culturais ou de calquera proposta que implique facer unha reclamación á Xunta.

Iolanda Veloso: “No BNG temos claro que o día 20 o problema de Peinador non vai estar resolto” 

Vigo, 18 de xuño de 2013.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, en resposta aos medios sobre a concentración que terá lugar mañá convocada polo alcalde destacou que o Bloque ten calro que “o día 20 o problema de Peinador non vai estar resolto”. Pola contra, reclamou que as administracións que teñen competencias en materia aeroportuaria “asuman as súas responsabilidades” para ter un sistema aeroportuario galego con tres aeroportos que sexan complementarios e competitivos.

“Convocar unha concentración partidista por parte do PSOE desde alcaldía, facendo o alcalde un uso partidista da institución, non vai solucionar nada no sistema aeroportuario”, subliñou Iolanda Veloso, para quen á caída de pasaxeiros, que se produce desde 2007, hai que sumar a caída importante de mercancías.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: