O PP DE SALCEDA DE CASELAS DEMANDA O ARRANXO DA AULA DO CRA RAÍÑA ARAGONTA EN SOUTELO

  • Presentará unha moción no vindeiro pleno solicitando que se inclúa unha partida destinada a este fin no Orzamento de 2013, “que xa chega fóra de prazo”
  • Esta parte da aula acondicionaríase como sala de xogos e patio cuberto para os días de choiva

Salceda de Caselas, 18 de xuño de 2013.- O Partido Popular de Salceda de Caselas presentará por rexistro, para tratar no vindeiro pleno, unha moción na que solicita unha partida destinada a arranxar a parte traseira da aula do CRA Raíña Aragonta en Soutelo. “Esa parte non se pode empregar dado o seu mal estado polo que dende o PP solicitamos, a petición tamén dos pais dos 10 nenos que acoden a diario a esta escola, que se rehabilite e se acondicione como sala de xogos e patio cuberto, onde poidan estar os cativos cando as condicións climatolóxicas non permitan estar ao aire libre”, explica Joaquín Núñez, concelleiro do PP pola parroquia de Soutelo.

Neste sentido, os populares solicitan que o Goberno local inclúa unha partida destinada a este fin no Orzamento de 2013, “que a día de hoxe aínda se descoñece a natureza de tal documento, presentándose, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, fóra de prazo e tarde, cuestión pola que sempre protestaban os que agora gobernan cando estaban na oposición e, sen embargo, agora o fan eles”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: