TRABALLO PUBLICA AS LISTAS PROVISIONAIS PARA ACREDITAR A EXPERIENCIA LABORAL EN SOCORRISMO E INFORMACIÓN XUVENIL

  • A Consellería de Traballo e Benestar convocou 400 prazas de socorrismo en instalacións acuáticas e en espazos acuáticos naturais e 100 para informadores xuvenís  
  • O departamento autonómico abre un prazo de 10 días naturais para aqueles interesados en presentar a documentación que consideren necesaria para arranxar os defectos, as causas de exclusión ou completar a documentación

Santiago, 18 de xuño de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar publica hoxe na súa páxina web as listas provisionais de admitidos e excluídos no procedemento de recoñecemento da experiencia laboral das cualificacións profesionais de socorrismo e información xuvenil. O departamento autonómico convocou 200 prazas de socorrismo en instalacións acuáticas, 200 para espazos acuáticos naturais e 100 para informadores xuvenís o pasado mes de novembro.

As persoas que figuren na lista, agora, disporán dun prazo de 10 días naturais, ata o próximo venres 28 de xuño, para presentar a documentación que consideren necesaria para arranxar os defectos, as causas de exclusión ou completar a documentación presentada.

Estes datos poderán presentarse no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar ou en calquera oficina de rexistro da Xunta e, tamén, a través do Portal Único. A documentación deberá dirixirse ao Instituto Galego das Cualificacións.

Unha vez revisada toda a documentación publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos, e xunto con esta información, tamén darase a coñecer, o lugar, data e horario para a primeira reunión grupal de asesoramento. Está previsto que as fases de asesoramento e avaliación teñan lugar despois do verán, no último cuadrimestre do ano.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: