A XUNTA INVISTE 50.000 EUROS NA MELLORA DA ESTRADA DA VÍA, EN CABRAL, A TRAVÉS DO CONVENIO PARA AS INFRAESTRUTURAS AGRARIAS

  • descarga
  • A Consellería do Medio Rural e do Mar asinou co Concello de Vigo un convenio de colaboración para levar a cabo esta actuación na parroquia de Cabral.
  • O obxectivo fundamental das obras enmarcadas neste proxecto é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias.
  • O Concello de Vigo comezará a executar a obra o vindeiro martes, tras asinar o convenio no mes de novembro do ano pasado e catro meses despois da convocatoria da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

Vigo, 20 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acudiu esta mañá ata a parroquia de Cabral, concretamente ata a Estrada da Vía, para informar da actuación que se levará a cabo na zona ao abeiro do convenio asinado co Concello de Vigo sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM 2012-2013) e que conta cunha subvención outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar que se achega aos 50.000 euros.

O Concello de Vigo iniciará a obra o vindeiro martes día 25 de xuño, tras asinar o convenio co secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, no mes de novembro do ano pasado e catro meses despois da súa convocatoria, despois de que o alcalde da cidade non asistise ao acto de sinatura oficial que se convocou con todos os concellos da zona o 3 de xullo do ano 2012.

Esta mañá, a delegada da Xunta, acompañada do xefe territorial do departamento de Medio Rural e do Mar, Gerardo Zugasti, informou que o proxecto a levar a cabo cínguese na mellora da capa de rodaxe da Estrada da Vía nunha lonxitude de 536 metros lineais e un ancho medio de 8 metros ao longo da traza. Mellorarase a capa de rodadura con aglomerado en quente e espesor de 6 centímetros e afróntase tamén o recrecido de 14 pozos de formigón. O orzamento previsto é de 49.951,46 euros e está previsto que a execución da obra se complete en 3 días.

Coma lembrou Bravo Bosch, o investimento nos PEIM 2012/2013 para os 14 concellos que conforman o ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo foi de case 900.000 euros (895.200,04 euros).

O obxectivo fundamental das obras enmarcadas neste proxecto dos PEIM Rural é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: